Asisto está mañá en Madrid, ao "Foro El Mundo- Tribuna
Autonómica", para escoitar ao presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.
Afirmou que Galicia seguirá achegando solvencia e credibilidade a España fronte
aos que se rebelan contra un modelo autonómico que permitiu a evolución
harmónica do Estado, xunto ao respecto á liberdade e a diferenza.
Diante
dos problemas territoriais, que seguen figurando entre as principais
preocupacións, Feijóo avogou por non incorrer no erro de pensar que os
desplantes secesionistas se dirixen contra unha España anacrónica e
centralista, “como se nos quere facer ver”. “Non derivan do mal funcionamento
da España das autonomías –subliñou-, senón precisamente do éxito dese marco que
decidimos entre todos”.
“Non poden soportar que esa
España se consolide porque iso sería o final dunha política que persegue o
privilexio e, polo tanto, a inxustiza”, aseverou, ao que engadiu que Galicia é
unha proba fidedigna de que o modelo das autonomías funcionou. “Basta comparar
a estabilidade galega, co sismo crónico que sofren outras comunidades, para
corroborar o que estamos a dicir”, asegurou, afirmando que eses territorios son
da súa inestabilidade.
Nesta
liña afirmou que a política galega é política nacional porque está a
proporcionar ao conxunto de España exemplos variados de boa xestión. “O noso
modelo sanitario, educativo, cultural, económico, social ou empresarial, ten un
valor que vai máis alá de Pedrafita”, incidiu, ao que engadiu que o cumprimento
do control do déficit por parte de Galicia vai recibir o seu xusto
recoñecemento a nivel interno pero tamén a nivel externo.
“Recoñecemento
a nivel interno, porque ter unhas contas en orde vainos permitir seguir facendo
inversións sociais e económicas con maior intensidade, se ben xa somos a
segunda comunidade que máis investiu o pasado ano. E recoñecemento tamén a
nivel externo, xa que -tal e como anunciou o Goberno central- as comunidades
cumpridoras sairemos beneficiadas por cumprir co noso deber, a diferenza da
maioría”.
Feijóo
salientou que se en Vigo os galegos puidemos inaugurar hai pouco un dos
hospitais máis modernos de Europa, comprometer 120 millóns de investimento para
infraestruturas educativas e se os pais galegos están recibindo unha axuda de
100 euros ao mes polo nacemento do seu bebé, todo isto débese a unha rigorosa
política orzamentaria levada a cabo polo Goberno que preside. “Preferimos a
satisfacción de agora, aos aplausos de entón”, aseverou, afirmando que “non
vale buscar simplemente o aplauso momentáneo ou esa exclamación admirativa que
persegue o ilusionista”.
Diante
disto, o presidente da Xunta apostou por “dar un novo impulso a ese modelo
galego que entre todos construímos e non poñer en risco o noso progreso
estable”. E, sobre este punto, disentiu daqueles que improvisan e recorren a
unha política de cocteleira consistente na axitación permanente, subliñando que
“o máis característico destas fórmulas vellas que se nos presentan como novas,
non é o seu radicalismo, o seu extremismo ou o seu ánimo provocador, senón o
seu medo a gobernar”.
Como
proba disto, referiuse ao ocorrido estes meses naqueles concellos galegos que
sofren a “anti-política, o medo a gobernar e a substitución de xestión por
provocación”.
Feijóo
concluíu facendo fincapé en que a achega dun gobernante á súa comunidade consiste
en achegar solucións que teñan boas consecuencias para o conxunto da xente, e
saber explicalas. E afirmou compartir co profesor Víctor Lapuente a denuncia do
que el denomina da política, aludindo ao político de palabras
tan grandilocuentes como baleiras, capaz de excitar á masa pero impotente para
ofrecerlle un camiño posible e un obxectivo realista.
Ao rematar o acto fixemos unha
foto con Feijóo un número importante de deputados s senadores galegos.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta