martes, 26 de abril de 2016

Investimentos en obras de emerxencia para reparar os danos no Dominio Público Hidráulico da provincia de Ourense

Nos dous primeiros meses deste ano, debido aos refachos de vento, superiores ao 100km/h, e as intensas choivas, producíronse danos na canle e marxes de varios ríos da provincia de Ourense, así como o taponamiento de infraestruturas de paso, pola caída e debilitación dun importante número de árbores e gran cantidade de acarreos de restos vexetais e troncos.

Para comprobar a magnitude de problema a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil realizou unha valoración cualitativa inicial, aínda que, ata a baixada do nivel das augas non puido efectuarse a valoración cuantitativa definitiva, que facilitou a toma de decisión acerca da necesidade de actuar, de forma inmediata, nas zonas afectadas para evitar que os danos causados poideran agravarse con futuras inundacións e avenidas.

En resposta a este problema, o  Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente investirá máis de 485.000 euros, en obras de emerxencia, a acometer de forma inmediata, para a reparación dos citados danos no Dominio Público Hidráulico (DPH) da provincia de Ourense.

Anuncio realizado esta mañá polo delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, acompañado polo presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, e polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro.

Os traballos prolongaranse durante 5 meses e comezarán a primeira semana de maio nos tramos máis afectados dos ríos Miño, Arnoia, Avia, Arenteiro, Sil e Limia e os seus afluentes, e serán executados por cinco brigadas compostas por cinco operarios cada unha.

Quero salientar a axilidade da CHMS pola rápida reacción para evaluar e agora reparar estes danos en vindeiras datas.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta