Esta mañá o auditorio do Conservatorio de Música de Ourense acolleu o Congreso local do Partido Popular de Ourense, no que participaron 300 compromisarios para elixir ao novo presidente do comité executivo local, cargo ao que concorreu unha única candidatura liderada por Jesús Vázquez Abad.
Comezóu á constitución da mesa do congreso, presidida
por Manuel Cabezas, quen estivo acompañado por Daniel Barata como
vicepresidente, Eugenia Díaz Abella como secretaria e María Antonia Rilo e
Roberto Bermúdez como vocais.
A continuación
tivo a lectura de senllos relatorios. O
primeiro deles, realizado con Juan Casares e Lorena Gómez, e titulado “Avanzando coas persoas”, foi defendido por quen suscribe mentres
que o segundo, realizado con Roberto Bermúdez e Miguel Prado “Comprometidos con Ourense”, foi exposto por
Milagros Sierra Gómez.
Logo a secretaria local, Belén Iglesias Cortés, falou para dar conta do informe de xestión.
Logo a secretaria local, Belén Iglesias Cortés, falou para dar conta do informe de xestión.
Dixo que o Partido Popular de Ourense sempre gozou de
“mareas de apoio nesta cidade, pero mareas comprometidas cun proxecto serio e
riguroso e non as conformadas por populismos de laboratorio” comprometéndose
neste sentido a realizar un esforzo para “achegarnos á cidadanía de maneira
efectiva, devolvéndolles ás persoas a confianza que depositaron en nós”.
Vázquez dixo ser plenamente consciente de que deberá
gañarse a proximidade e credibilidade da cidadanía, un reto no que asumiu a
responsabilidade de dirixir pero como un militante máis. Neste contexto afirmou
que se acabaron “os tempos do personalismo, do líder único responsable de erros
ou acertos, do liderado indulxente, da distancia e o desapego á cidadanía e á
organización”.
Avogou por conseguir que a cidadanía se
corresponsabilice co proxecto do PP, “que participe nas nosas decisións e
colabore nas nosas accións, que nos axude a situar Ourense no lugar que
merece”.
Vazquez defendeu a necesidade de devolverlle a
dignidade á actividade política, afastada das extravagancias e da corrupción,
chamando a atención sobre o esgotamento e desmotivacións dos cidadáns.
Por iso, dixo, compre “volver acender o motor do noso
partido na nosa cidade, rescatar os nosos principios e valores, reivindicar os
nosos compromisos, asumir os nosos erros e poñer en valor os nosos acertos”.
Para todo iso, engadiu, hai que aprender a escoitar, a dar respostas honestas e
sinceiras, a manter contacto directo coa xente, abrir o partido á cidadanía e
estar na rúa.
Jesús Vázquez definiu esta nova etapa como “un
proxecto de corresponsabilidade, responsabilidade individual que asumo e
responsabilidade colectiva que vos delego”. Un esforzo común, insistiu, que
conta co respaldo dun partido ao que tamén ten que chegar a renovación, con
espazos de debate, organizado e moderno e onde “non necesitamos unidade de
pensamento, senón unidade de acción”
En clave municipal, subliñou nas súas palabras os
logros alcanzados nos dez meses de goberno, “acadados grazas ao esforzo de todo
o meu equipo e á inestimable colaboración coas outras administración”. Pero
recoñeceu ser consciente de que non era dabondo, situando entre os seu
primeiros obxectivos aos cidadáns máis desfavorecidos, comprometéndose a
revitalizar o emprego na cidade e facilitar a inserción e conciliación laboral.
Apostou tamén por reforzar o atractivo turístico e
cultural de Ourense, onde a muller teña protagonismo, os maiores atopen o seu
espazo e os mozos “tomen partido no deseño dunha cidade que tamén é a súa”.
Alfonso Rueda
Rueda sinalou que Jesús Vázquez é un valor para o PP e
a cidade pois xa demostrou a súa valía á fronte dunha das consellerías máis
difíciles que pode haber como é a de educación.
No ámbito galego e falando en clave electoral, Alfonso
Rueda subliñou que “o PP é un partido que cre nel mesmo, que non depende dos
demais que contan historias”, chamando a atención sobre o liderado
valeiro dos socialistas galegos e a deriva a nivel nacional sen criterio á hora
de negociar con outras forzas.
“No PP seguimos igual de fortes que sempre para
dicirlle á xente mirándolle á cara que si nos votades e gañamos gobernaremos”,
engadiu o secretario xeral dos populares galegos.
“Non se me ocorre mellor principio para todo isto
–concluíu- que seguir renovando o partido como fixemos nos últimos meses e
seguir apostando pola fortaleza e unidade, por xerar política desde dentro
sabendo que só depende de nós”.
Manuel Baltar
O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, foi o
encargado de pechar o congreso nun discurso que comezou felicitando a Jesús
Vázquez “como o mellor alcalde posible”.
Baltar subliñou a actividade e dinamismo do Partido
Popular de Ourense, “que nos últimos dous anos celebrou 73 congresos e o
próximo sábado aínda celebrará o de Novas Xeracións e logo outros seis
congresos locais máis. E seguro que ese é o segredo do éxito das 69 alcaldías
populares na provincia e a única maioría absoluta en Galicia dunha Deputación”.
O congreso local de hoxe, engadiu, “é o primeiro congreso do PP nunha cidade en
España no 2016”.
“Non hai ningunha outra forza política que teña un
liderado claro como o que hoxe nace aquí, nin socialistas nin nacionalistas,
polo temos que aproveitar este liderado, esta estrutura, este equipo que está
disposto a traballar polo futuro da cidade e polo futuro da provincia”, dixo
Baltar, salientando o proxecto de cidade e de partido de Jesús Vázquez, do que
recoñeceu estar orgulloso.
Nestes dez meses, advertiu, o alcalde foi quen de
transformar a imaxe do Concello de Ourense “auténticamente pavorosa por una
xestión ordenada e consecuente, aplicando as propostas que puxeron sobre a mesa
diante dos votantes e por esa seriedade eu creo que nesta nova etapa do partido
imos experimentar unha multiplicación”. Así, “o gran reto será aumentar o apoio
electoral por unha cuestión de plantexarse en serio a transformación da
cidade”.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta