O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos
oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de marzo de
2016.
Son os seguintes:
Ourense:
Baixa o paro rexistrado en marzo en relación co mes anterior en
379 persoas, un - 1,44 %.
A nivel interanual, isto é, con respecto a marzo do ano pasado,
1.979 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha
caída do desemprego do - 7,09 %.
O número de parados queda en 25.934, deles 12.012 son homes e
13.922 mulleres, 24.451 son maiores de 25 anos e 1.483 menores.
Por sectores, 1.417 son da agricultura, 3.352 da industria, 3.036
da construción, 15.853 nos servizos e 2.276 do colectivo sen emprego anterior.
Galicia:
O paro rexistrado de Galicia baixou en marzo en 3.471 persoas con
respecto a febreiro (un – 1,48 %). O número de parados queda en 231.797, deles
106.796 son homes e 125.001 mulleres, 219.593 son maiores de 25 anos e 12.204
menores.
Por sectores, 8.673 son da agricultura, 27.818 da industria,
27.591 da construción, 149.138 nos servizos e 18.577 do colectivo sen emprego
anterior.
Galicia
pechou o mes de marzo con 20.340 persoas desempregadas menos que hai un ano, o
que supón unha baixada con respecto a marzo de 2015 dun 8,07%, a segunda maior
baixada de toda a serie histórica, desde 1996.
Así
mesmo, a nosa comunidade segue a presentar un comportamento mellor que o do
conxunto do Estado, tanto en termos interanuais como en relación co mes pasado,
algo que é unha mostra das consecuencias que trae consigo a falta de seguridade
que hai nestes momentos con respecto ao futuro do Goberno do país. Os
principais indicadores económicos son claros e, mentres en Galicia descende a
taxa de desemprego, España segue a pagar as consecuencias da incertidume na que
vive dende hai xa máis de tres meses.
Queda claro que as políticas de emprego da Xunta funcionan e están a dar resultados e, por iso, agora podemos falar de que rexistramos xa 29 meses de descenso consecutivo interanual do paro, baixa o desemprego en todas as provincias, en todos os tramos de idade e en todos os sectores; e medra a afiliación en termos intranuais e intermensuais.
Queda claro que as políticas de emprego da Xunta funcionan e están a dar resultados e, por iso, agora podemos falar de que rexistramos xa 29 meses de descenso consecutivo interanual do paro, baixa o desemprego en todas as provincias, en todos os tramos de idade e en todos os sectores; e medra a afiliación en termos intranuais e intermensuais.
España:
O número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos
Públicos de Emprego baixou en marzo en 58.216 persoas (-1,40 %) e sitúa a cifra
total en 4.094.770 persoas.
En termos
desestacionalizados, o paro reduciuse en marzo en 45.466 persoas.
Nos últimos 12 meses o
paro diminuíu en 357.169 persoas. O paro rexistrado mantén o seu ritmo
interanual de redución na contorna do 8% (8,02%).
O paro entre os mozos
menores de 25 anos diminuíu no último ano en 43.416 persoas. Desta forma, o
desemprego xuvenil redúcese un 11,1% en termos interanuais, por encima da media
xeral do 8%.
O paro rexistrado baixa
en todas as comunidades autónomas, entre as que destacan Cataluña (-10.246), Comunidade
Valenciana (-7.637) e Andalucía (-6.543).
O paro rexistrado reduciuse entre os demandantes que desempeñaran
a súa última actividade en Agricultura con 1.262 desempregados menos, en
Industria baixa 3.440, en Construción diminúe 2.650, e en Servizos, que baixa
54.429.
Pola contra aumenta entre o colectivo Sen Emprego Anterior en 3.565
persoas.
Si desexa facer algún comentario
poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta