Tamén foron moitas as emisoras de radio que abordaron nos seus informativos esta noticia.
Asemade, as webs do PP en Galicia e Ourense, publicaron a información.
Achego estes ligazóns dixitais:
Pola súa banda na TVG pronunciáronse respecto
diso o secretario Xeral do PP de G, Alfonso Rueda e a conselleira de
infraestruturas Ethel Vázquez.
Así o Partido Popular galego criticou a
decisión de En Marea de votar en contra da autovía A-76 entre Ponferrada e
Ourense. Rueda lamentou que “esta sexa a primeira medida da confluencia
galega no Congreso”
A conselleira de Infraestruturas tamén criticou a
decisión de En Marea-Podemos de votar en contra da proposición presentada no
Congreso polo PP. Segundo
Ethel Vázquez, a súa construción é compatible coa protección do ambiente.
"En
Marea non debe saber o que demanda a cidadanía por un lado nin tampouco debe
saber que esas actuacións que melloran a competitivade e a seguridade viaria en
Galicia poden facerse compatibles coa mellora e a protección do ambiente",
comentou a conselleira.
E hoxe pola mañá no programa radiofónico de Radio Voz “Voces de Galicia” fun entrevistado por Isidoro Valerio sobre a aprobación o mércores, coa única oposición de En Marea-Podemos, da proposición non de lei do PP para que se continúe tramitando a autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada.
http://www.ivoox.com/1-hora-con-resumen-actualidad-audios-mp3_rf_11178696_1.html
(Desde o minuto 40:24 a 51:20).
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta