miércoles, 13 de abril de 2016

Escoitando ao Secretario Xeral adxunto da Comisión Europea, no marco do "Semestre Europeo"

Jean Enric Paquet
Recibimos hoxe no Congreso dos Deputados a visita de Jean Enric Paquet, Secretario Xeral adxunto da Comisión Europea.

Dentro do contexto do marco do Semestre Europeo están a realizarse visitas a todos os Estados Membros antes da publicación da proposta de recomendacións da Comisión que está prevista para o 18 de maio, co obxecto de contactar con representantes gobernamentais, interlocutores sociais e parlamentarios.

Integrantes das mesas e portavoces da Comisión de Economía e Competitividade do Congreso e da Comisión Mixta para a Unión Europea, escoitamos ao Sr. Paquet.

Intervín nesta reunión, na miña condición de portavoz adxunto de Economía do GPP.

Destaquei a relevancia do Semestre Europeo que é un ciclo de coordinación das políticas económicas e orzamentarias dentro da UE. Forma parte do marco de gobernanza económica da Unión e  permite aos Estados membros axustar as súas políticas orzamentarias e económicas aos obxectivos e normas acordados a escala da UE. 

Manifestei a nosa conicidencia coos principais obxectivos: contribuír a garantir a converxencia e a estabilidade na UE, contribuír a garantir unhas finanzas públicas saneadas, fomentar o crecemento económico, previr desequilibrios macroeconómicos excesivos na UE e aplicar a Estratexia Europa 2020.


Dixen que onte coñecíamos a última edición de Perspectivas da economía mundial (informe WEO) publicado polo Fondo Monetario Internacional.


Neste informe WEO prognostícase que a economía crecerá a un ritmo do 3,2% en 2016 e do 3,5% en 2017, o que representa unha revisión á baixa do 0,2% e o 0,1%, respectivamente, en comparación coa actualización das perspectivas da economía mundial do mes de xaneiro de 2016.

No informe WEO prognostícase que o crecemento nas economías avanzadas seguirá sendo moderado e situarase na orde do 2%. A recuperación vese obstaculizada por unha demanda débil, en parte causada polo legado non resolto da crise, ademais de factores demográficos desfavorables e un baixo crecemento da produtividade.

En Estados Unidos, prevese que o crecemento se manteña sen variacións nun 2,4%, e rexistre un repunte moderado en 2017. 

Lembrei que o Fondo Monetario Internacional prognostica que este ano España crecerá un 2,6 por cento, unha décima menos do que dixo o pasado xaneiro. Aínda así seguimos sendo o país que máis crece no club das economías avanzadas. Por exemplo a previsión de crecemento de Alemaña e de Francia é do 1,5 %. E a do Reino Unido do 1,9 %. Na zona euro, os baixos niveis de investimento, os altos niveis de desemprego e a deterioración dos balances prexudican o crecemento, que se manterá moderado nunha taxa do 1,5%.

Falei do "Informe sobre España 2016", elaborado pola Comisión que recoñece que "nos últimos anos a economía española experimentou un cambio de tendencia significativo merced, entre outras cousas, ás reformas desenvolvidas en resposta á crise". O informe constata a finalización con éxito do programa de asistencia financeira que facilitou a reconstrución do sector bancario. Tamén constata que "as reformas do mercado laboral aumentaron a capacidade de creación do emprego ao crecemento"


Con todo é evidente que queda moito camiño por andar e que imos traballar para axustas os desequilibrios da nosa economía e reducir o déficit público.

Renatei diciendo que antes de finais de abril España deberá remitir a Bruxelas tanto o Plan Nacional de Reformas como o Programa de Estabilidade, cos seus números e as previsións macro para os próximos exercicios. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta