O Pleno do Congreso dos Deputados comezará o vindeiro mércores 27, ás 16:00 horas, co debate de toma en consideración de dúas Proposicións de Lei. A primeira delas é unha proposta do Grupo parlamentario Catalán (Democràcia i Llibertat) para reformar o Regulamento da Cámara para a creación dun Rexistro dos Grupos de Interese ou Lobbies.
En segundo lugar tratarase unha proposta do Grupo Parlamentario Vasco (EAJ-PNV), de reforma de Lei sobre segredos oficiais.
Tras iso, debateranse dúas Proposicións non de Lei. Unha delas, do Grupo Parlamentario Podemos-En Comú Podem-En Marea, relativa á derrogación das Reformas Laborais de 2010 e 2012 que afectan e modifican o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores; e a outra, do Grupo Parlamentario Popular no Congreso, relativa á pronta liberación dos presos políticos na República Bolivariana de Venezuela.
O xoves, ás 9:00 horas, a sesión renovarase co debate sobre a convalidación ou derrogación do Real Decreto-Lei polo que se prorroga o Programa de Activación para o Emprego.
Por último, por iniciativa dos Grupos Parlamentarios Podemos-En Comú Podem-En Marea e Mixto, o Pleno tratará a creación dunha Comisión de Investigación relativa ao accidente ferroviario de Angrois.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta