sábado, 30 de abril de 2016

No concello de Os Blancos, na comarca da Limia

Viaxo onte ao concello de Os Blancos, para asistir ao Congreso Local do Partido Popular. Foi elixido co apoio do 100 % dos compromisarios José Manuel Castro Blanco, nun acto que pechou o presidente provincial Manuel Baltar.

Trátase da persoa que ostenta a alcaldía despois de obter o apoio dunha altísima porcentaxe -o 79,61 % - dos electores. 

Tamén nas pasadas eleccións xerais de decembro de 2015 o PP foi a lista gañadora co apoio do 53,93 % dos votantes.

Con este motivo tiven a oportunidade de ver algunha das sete parroquias que conforman este concello. 

Chaman a atención os seus bosques de carballos e castiñeiros, e as súas terras de labor e  prados naturais, localizados  na zona central, a máis próxima ao curso do río Eiroa.

Anoitecendo e circulando polas chairas da Limia, non puiden resistir a tentación de determe e gozar dunha espectacular posta de sol que plasmo nesta foto.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta