Aínda que esta noticia é do pasado venres 29 de abril, fágome eco hoxe ya que aborda un tema que últimamente xera polémica nos medios de comunicación, cando se fala dos custes das estacións ferroviarias de Galicia.
O Ministerio de Fomento, a través de Adif Alta Velocidade, aprobou o citado día a adxudicación do contrato de obras de execución do proxecto de adaptación da estación de Santiago de Compostela aos novos servizos de alta velocidade, dentro do tramo Santiago-Berdía do Eixo Atlántico de Alta Velocidade.
Segundo informa ADIF, o obxectivo desta actuación é mellorar a explotación da estación de Santiago, adaptándoa á demanda estimada a curto e medio prazo.
Neste sentido hai que destacar que nesta estación conflúen o Eixo Atlántico A Coruña-Vigo, actualmente en servizo, e o tramo Ourense-Santiago da futura Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia.
O contrato foi adxudicado polo Consello de Administración de Adif Alta Velocidade cun orzamento de 9.249.256 euros (IVE incluído). As obras contan cun prazo de execución de 18 meses.
Tamén Adif Alta Velocidade informa en que consiste esta daptación da estación de Santiago. Os traballos permitirán incrementar a calidade do servizo prestado aos usuarios na estación compostelá, que será ampliada e reformada con criterios de accesibilidade integral, eficiencia enerxética e sustentabilidade.
Ademais, fomentarán a intermodalidad con outros transportes e, por extensión, a mellora das comunicacións na zona. O proxecto define diversas melloras nos ámbitos de infraestrutura, arquitectura, instalacións e urbanización da estación, entre as que destacan as seguintes:
- Recrecido da plataforma 1 e execución dunha nova marquesiña.
- Recrecido da plataforma 2, prolongación do mesmo por ambos os lados e ampliación da súa anchura na parte central, ocupando a actual vía 3, que perderá o seu carácter pasante e quedará configurada con 2 vías mango: unha dirección A Coruña e outra dirección Ourense-Vigo.
- Adecuación da electrificación, instalacións de seguridade e comunicacións existentes á nova configuración de vías.
- Novo paso inferior baixo as vías, dotado de ascensores e escaleiras mecánicas para acceso a todas as plataformas.
- Ampliación do edificio de viaxeiros e reforma interior.
- Rehabilitación integral da marquesiña principal.
- Reordenación de viarios interiores e prazas de aparcadoiro. Disposición de novas marquesiñas.
- Instalación dun novo ascensor próximo á escaleira monumental para facilitar o acceso dos cidadáns á estación.