O pasado venres coñeciamos o Informe mensual de Comercio Exterior que nos achegaba unha positiva noticia: as exportacións españolas de mercadorías creceron un 0,2% nos tres primeiros meses de 2016 (4,2 puntos inferior á do mesmo período do ano 2015, 4,4%) alcanzando os 61.101,1 millóns de euros, máximo histórico da serie para o acumulado do ano. En termos de volume, o aumento foi do 2,5%, ao diminuír os prezos, aproximados polos Índices de Valor Unitario (IVUs), un 2,2%.
As importacións, pola súa banda, diminuíron un 0,7% ata os 66.044,5 millóns de euros. En termos de volume, houbo un aumento do 4,6%, xa que os prezos descenderon un 5,0%.
Como resultado, de xaneiro a marzo o déficit comercial alcanzou os 4.943,5 millóns de euros, un 10,5% inferior ao rexistrado no mesmo período de 2015 (5.524,0 millóns de euros). A taxa de cobertura situouse no 92,5%, é dicir, 0,8 puntos máis que a de xaneiro-marzo de 2015 (91,7%). O saldo non enerxético arroxou un déficit de 987,4 millóns de euros (superávit de 1.358,5 millóns de euros en xaneiro-marzo de 2015), mentres que o saldo enerxético rexistrou unha mellora do 42,5% (redución do déficit enerxético), como resultado da substancial caída dos prezos da enerxía.
Os resultados acumulados para España (+0,2%) son mellores que os obtidos pola zona euro e pola Unión Europea, que retrocederon un 0,5% e un 0,9%, respectivamente.
Por países, comparando coas catro principais economías da Unión Europea, só creceron, e en maior magnitude, as exportacións de Alemaña (+0,7%), mentres que caeron as vendas de Francia (-1,1%), Italia (-0,4%) e Reino Unido (-4,5%). Fóra da UE, tamén decreceron as exportacións de Estados Unidos (-7,0%), Xapón (-7,9%) e China (-9,7%).

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta