martes, 3 de mayo de 2016

Asinado o Decreto de disolución das Cortes e convocatoria de eleccións para o 26 de xuño

Por primeira vez na historia da nosa democracia, non foi o presidente do Goberno quen disolva as Cortes e convoque unhas eleccións xerais, senón El Rey. Ata agora, sempre fora o presidente do Goberno quen, en aplicación do artigo 115, disolvía as Cortes e era El Rey quen o sancionaba.

Don Felipe, recibiu na Zarzuela ás 9.30 a Patxi López e procedeu á firma do decreto de disolución das Cortes e convocatoria de eleccións para o 26 de xuño, co refrendo do Presidente do Congreso, de acordo co procedemento establecido no  artigo 99.5 da Constitución Española.

O Decreto que se publica hoxe, día 3 de maio, para entrar en vigor, ademais de fixar a data das eleccións establece a sesión constitutiva do Congreso e o Senado para o día 19 de xullo ás 10,00 horas.

Neste decreto fíxase ademais o número de deputados e senadores que corresponden a cada circunscrición, de acordo co censo pechado ao 1 de xaneiro de 2016. Neste caso hai unha variación respecto das eleccións do 20 de decembro, xa que que a provincia de León perde un dos seus representantes, co que pasa de 5 a 4, e gáñao Valencia, que terá 16.

A campaña, de acordo coa Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral, será de 15 días. Nesta ocasión comeza ás cero horas do venres 10 de Xuño e finalizando ás 24 horas do venres 24.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta