Asísto en Compostela esta mañá ao primeiro comité de dirección do partido despois do XVI Congreso autonómico e que foi presidido por Alberto Núñez Feijóo.
Ao remate, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que as primarias do PSdeG, téñense convertido nun reality televisivo protagonizado por dous candidatos: un que pelexa para continuar, José Luis Méndez Romeu, e outro que o fai para volver, Xoaquín Fernández Leiceaga, dos que afirmou que están máis centrados en intereses personalistas que nos de Galicia.
Tellado tamén se pronunciou sobre as declaracións realizadas por Méndez Romeu nas que falaba de “pactos de perdedores” referíndose aos seus opoñentes nas primarias socialistas Fernández Leiceaga e Gonzalo Caballero: “que sexan os socialistas os que utilicen esta expresión é unha burla á xente que lee os periódicos”.
“Os pactos de perdedores é o que o PSOE leva promovendo en Galicia e no conxunto de España para evitar que gobernen os que gañan. Sorprende que Méndez Romeu reivindique para o seu partido o que non dan ás institucións”, engadiu.
Durante a súa intervención, Miguel Tellado asegurou que o PPdeG está traballando nunha campaña en positivo, xa que a cidadanía está farta de partidos pelexando entre eles e queren propostas de futuro. Nesta liña apuntou que eles darán resposta ás demandas da sociedade, cuxa principal preocupación é a xeración de emprego, poñendo en valor o traballo desenvolvido polo goberno de Mariano Rajoy.
Así mesmo, contrapuxo a responsabilidade do PP nestes últimos catro meses cos partidos da oposición, referíndose ao PSOE, que quería tocar poder a calquera costa para facer a Pedro Sánchez presidente; ás ansias de poder de Pablo Iglesias, ao que definiu como “o herdeiro do 15-M máis interesado en controlar o CNI e en ser vicepresidente do Goberno”; e a Ciudadanos, que traicionou aos seus votantes entregando o apoio recibido do centro dereita á esquerda radical.
“Mentres algúns reivindican grupo parlamentario propio e cinco deputados, nós queremos ter un presidente do Goberno que sexa galego”, dixo ao tempo que explicaba que haberá unha implicación total do partido a todos os niveis nestes comicios xerais e que agardan poder traer a Galicia a líderes nacionais. Nese sentido aproveitou para anunciar que o vicesecretario de Comunicación, Pablo Casado, estará na nosa comunidade o vindeiro 28 de maio.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta