domingo, 15 de mayo de 2016

Na gala de Perruqueria "Paixón polo cabelo"

Asisto esta mañá no Teatro Principal á gala "Paixón polo cabelo" que organizou a Asociación de Empresarios de Perruqueria e Salóns de Beleza de Ourense.

Foi a ocasión de saudar a tantos amigas e amigos que desde hai anos teño neste importante sector profesional, no que se combina a faceta empresarial e a artística.

Unha gala que comezou cunha homenaxe para catro compañeiros que deixaron por xubilación a profesión, despois de moitos anos de exercicio dentro e fóra da provincia: Purificación Iglesias, Longina Fernández, Delio Dobao e José Manuel Fernández.

E logo comezou a demostración profesional a cargo do famoso perruqueiro guipuscoano Gonzalo Zarauza e o seu equipo, do que forma parte a súa filla Ziortza, que segue os pasos do seu pai. 

Un show de gran calidade no que se presentaron novidades na maquillaxe corporal, traballos de fantasía, desfile de noiva e festa.

Felicitacións á presidenta dos perruqueiros e estilistas de Ourense, Beatriz Gómez Valcárcel e a toda a súa extraordinaria directiva, polo éxito da gala.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta