Asisto onte no fermosísimo mosteiro de San Pedro de Rocas ao acto de presentación
das candidaturas do Partido Popular ao Congreso e ao Senado para as próximas
eleccións do 26 de xuño.
O presidente provincial, Manuel Baltar fixou como obxectivo do Partido
Popular de Ourense o de conseguir que os ourensáns aposten de novo por nós,
superando o apoio do 45 % do electorado que alcanzamos en decembro”.
Baltar salientou que os ourensáns apoiaron maioritariamente ao PP nos
comicios de decembro, “polo que a nosa obriga é presentar ás mesmas persoas que
mereceron entón a confianza dos nosos veciños, un equipo formado por dezaoito
persoas que traballarán con moito esforzo para achegar a nosa mensaxe”.
Unha mensaxe, engadiu, baseada na moderación “fronte ao radicalismo dos
que só teñen como aspiración que os ourensáns non voten ao Partido Popular,
buscando todo tipo de coalicións para botar ao PP do goberno, e iso non é un
proxecto político”.
O presidente provincial defendeu, neste sentido, que o único pacto que
procura o PP é unha coalición cos ourensáns para seguir facendo provincia e
mellorando as súas condicións de vida.
Para Manuel Baltar, o maior perigo para os populares é pensar que
acadarán os bos resultados das xerais de decembro sen esforzo. “Entón
conseguimos ser a segunda forza política con maior apoio cidadán de España,
pero a base de moito traballo e comparando cada día o partido que somos co
partido que queremos ser, que é o único camiño para mellorar”.
Logo interviron os números un ao Congreso e ao Senado.
Miguel Ángel Viso, pola súa banda, agradeceu a confianza depositada de
novo polo presidente do partido para encabezar a lista popular ao
Congreso, “o que asumo con renovada ilusión e orgullo, convencido de que imos a
demostrar unha vez máis a fortaleza deste partido”.
Viso fixo un rápido repaso á súa experiencia no Congreso, da que salientou que lle permitiu comprobar o valeiro de ideas das outras formacións, “que só pensaban na mercadotecnia política, como Podemos, a procura de protagonismo de Ciudadanos ou a ansia de poder dos socialistas que obtiveron o peor resultado electoral da súa historia”.
Para o candidato popular, as eleccións de xuño serán unha nova
oportunidade para “facer ver aos ourensáns que o Partido Popular é a única
formación que lles pode ofrecer a estabilidade e garantías necesarias para
regresar ao camiño da recuperación que fomos quen de conseguir”.
Miri Barreira tamén agradeceu a confianza para repetir como número uno da
lista ao Senado, “que ademais dun enorme orgullo é unha importante obriga”. As
candidaturas do PP, dixo, “son unha proba do compromiso e da nosa
coherencia, porque aquí estamos as mesmas persoas, porque ofrecemos o mesmo
proxecto e plantexamos as mesmas prioridades”.
Para Barreira, esta lexislatura permitiu ver “a un goberno do PP que
amosou a súa responsabilidade mantendo o rumbo do país a pesar de non poder
adoitar reformas, mentres que o resto das formacións demostraron o que
pretendían e a que estaban dispostos, cambiando de principios e de fins”.
A candidata fixo unha chamada á confianza dos ourensáns no PP para seguir xerando crecemento, emprego e benestar, potenciando os nosos valores e convertelos en novas vantaxes.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta