No stand da Fundación San Rosendo |
Acudo hoxe a
Expourense para asistir ao acto inaugural da 10ª edición de Galisenior, Salón
Internacional das Persoas Maiores, que se celebrara desde hoxe e ata mañá 26 de
maio.
Un acto que contou coa presenza do Director
Xeral do IMSERSO, César Antón Beltrán, que durante a súa intervención destacou
que “un dos aspectos máis importantes do envellecemento é a participación e a
involucración dos nosos maiores en todos os ámbitos da nosa sociedade, xa qué é
unha conquista de toda a sociedade española ter aumentado tan notablemente a
esperanza de vida”. Tamén remarcou a necesidade de que todas as administracións
se adapten aos cambios poboacionais facilitando así o fomento de novas redes de
protección para as familias con persoas dependentes.
Neste acto estivo acompañado pola Delegada Territorial da Xunta en Ourense,
Marisol Díaz Mouteira, o Alcalde do Concello de Ourense, Jesús Vázquez Abad, o
Vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o presidente do
Comité asesor de Galisenior 2016 e Coordinador das Aulas de Maiores do Campus
de Ourense da Universidade de Vigo, Alberto Vaquero, así como outras
autoridades locais e membros do comité asesor de Galisenior.
De carácter bienal,
Galisenior é a única feira destas características que se celebra no noroeste
peninsular e que está especialmente dirixida a un núcleo de poboación que
representa o 24% da demografía galega e o 31% no caso da provincia de Ourense.
Este salón sirve de plataforma para promover as accións que se están a levar a
cabo en Galicia, destinadas a reducir o impacto da dependencia na calidade de vida,
tanto de quen a padece como do que exerce de coidador. Galisenior xira sobre
tres eixos principais: a área expositiva, as xornadas técnicas profesionais e o
programa de actividades para os propios maiores, nas que se prevé que
participen activamente centos de persoas procedentes de distintos puntos de
Galicia e de Portugal.
Participan en
Galisenior un total de 50 expositores. A nivel institucional están
representados tanto o IMSERSO, como a Consellería de Política Social, a Deputación
Provincial e o Concello de Ourense, a través da Concellería de Asuntos Sociais.
Todos aproveitan a súa presenza no salón para dar a coñecer as políticas
sociais que están a poñer en marcha e para comunicarlle ós maiores, as familias
e ós profesionais que traballan con eles, todos aqueles servizos dos que poden
beneficiarse. Outras entidades como colexios profesionais e asociacións,
organizarán distintas actividades ó tempo que contarán cun stand dende o que
presentar as súas finalidades, destinadas a mellorar a calidade de vida dos
maiores especialmente cun enfoque preventivo.
Empresas provedoras
de produtos e servizos especializados (apoios técnicos, oferta residencial,
servicios sociosanitarios, psico-eduación, neurorehabilitación, balnearios e
turismo senior, entre outros) completan a exposición e realizan tamén propostas
prácticas para fomentar un avellantamento activo e saudable.
XORNADAS TÉCNICAS
PROFESIONAIS
Tamén están
programadas Xornadas Técnicas, que se desenvolven de forma paralela á feira e
están dirixidas a todos os profesionais do sector e a futuros traballadores con
este colectivo cun alcance multidiscilplinar. Participarán cerca de 40
relatores de España e Portugal.
Especializadas na
prevención de situacións de fraxilidade nas persoas maiores, estas xornadas
tocarán outros temas como a promoción da autonomía baseada nas novas
tecnoloxías, experiencias na promoción do avellantamento activo e saudable, ou
recomendacións nutricionais. Tamén se presentarán programas da Universidade
destinados a terceira idade e estudos como resultado da investigación
universitaria en distintos campus de Galicia e Norte de Portugal. O enfoque
práctico será aportado por un obradoiro sobre movilización de persoas con
problemas neurolóxicos.
ACTIVIDADES PARA
MAIORES
Na Área de
participación activa, Galisenior presenta toda unha oferta, con máis de 50
actividades diferentes, que convidan a participar a quen o visite, tanto as
propias personas maiores coma as súas familias e aqueles que traballan con
eles, tanto de xeito formal como informal. O programa está orientado a fomentar
a adopción de hábitos saudables e preventivos, así como a introducir aos
visitantes en novas fórmulas de lecer activo ou ampliar os seus coñecementos
sobre novas tecnoloxías de reforzar as súas habilidades sociais.
Entre as novidades
destacan as actividades relacionadas coa planificación financiera, obradoiros
prácticos de nutrición, ou terapias asistidas con animais.
Estas actividades e
obradoiros están centrados nas principais necesidades dos maiores de Galicia,
dirixidas a estimulación física, cognitiva e sensorial. Igual que na pasada
edición este ano volverase a celebrar o Concurso de Cociña Saudable,
aberto aos afeccionados maiores de 60 anos.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta