Onte coñecemos os datos do mes de abril de afiliación media á Seguridade Social, que alcanzou no conxunto de España 17.463.836 ocupados, tras aumentar en 158.038 afiliados medios (0,91%) no último mes. Tamén en termos desestacionalizados rexistrouse un incremento de 55.307 persoas.
A ganancia de ocupados este mes é a máis alta da serie histórica, tan só superada pola de abril de 2015.
En termos interanuais, o sistema suma 455.540 afiliados, o 2,68%.
O Réxime Xeral aumentou en 142.642 persoas (1,01%), ata alcanzar os 14.212.846 ocupados. En abril, a afiliación creceu practicamente en todos os sectores de actividade, de maneira especial en Hostalería, 58.192 (5,37%), en Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares en 16.550 (1,46%), en Industria Manufactureira, 9.589 (0,57%) e en Comercio, 9.367 (0,42%).
En canto ao Sistema Especial Agrario experimentou un aumento de 11.025 afiliados (1,46%), propiciado pola finalización definitiva da campaña da oliva. Actualmente conta con 768.683 afiliados medios. Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregados do Fogar avanzou en 888 persoas (0,21%), e suma un total de 432.302 ocupados.
O Réxime de Autónomos conta con 3.184.134 persoas, tras aumentar en 14.839 (0,47%). O Réxime Especial do Mar incorporou 689 ocupados (1,10%), chegando a súa cifra de ocupación a 63.515. Finalmente, o Carbón perde 133 afiliados medios tras descender o 3,82%.
A cifra de afiliados á Seguridade Social incrementouse durante o pasado mes en todos as Comunidades Autónomas, salvo en Ceuta. Os maiores aumentos rexistráronse, en termos absolutos, en Baleares (34.764), Andalucía (34.120), Cataluña (31.191), a Comunidad de Madrid (15.304) e a Región de Murcia (10.229).
En termos interanuais, abril pechou con 455.540 afiliados medios máis, o 2,68%, aumento debido en gran parte ao bo funcionamento do Réxime Xeral que suma 420.996 ocupados (3,05%).
No Réxime Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa aumentou un 1,03%, o que se traduciu nun aumento de 32.541 persoas. O Réxime do Maraumentó un 4,13% (2.521) e o Carbón rexistrou un descenso de 519 persoas (-13,44%).
En relación ao ano pasado a ocupación creceu en todas as Comunidades Autónomas, salvo en Cantabria. Destacan Cataluña, con 109.627 (3,64%); Comunidad de Madrid, con 99.288 (3,57%); Comunidade Valenciana, con 58.478 (3,57%) e Andalucía, con 33.003 (1,17%).
En Galicia os datos de
afiliación media revelan que hai 943.356 ocupados, tras aumentar en 2.808
afiliados medios (0,30 %) no último mes. Xa son 25 as
subidas consecutivas desde o mes de abril de 2014 polo que o crecemento estase
a consolidar.
En termos interanuais, o sistema
suma 13.898 afiliados, o 1,50 %.
O Réxime Xeral conta con 706.015
persoas, o de Autónomos conta con 216.320 persoas e o Réxime Especial do Mar
ocupa a 21.021 persoas.
En Ourense hai 98.284 ocupados,
tras aumentar en 84 afiliados medios (0,09 %) no último mes de abril.
En termos interanuais, o sistema suma 253 afiliados, o 0,26 %.
En termos interanuais, o sistema suma 253 afiliados, o 0,26 %.
O Réxime Xeral conta con 72.743
persoas e o de Autónomos conta con 25.541 persoas.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta