Quedan 46 días para as próximas eleccións xerais do 26 de xuño,
nas que os cidadáns terán que elixir entre a seriedade das propostas e
compromisos, cuxos resultados do Partido Popular que xa se poden ver, e outros
que son incerteza.
Dicía onte Mariano
Rajoy que:
“España necesita un Goberno serio, con ideas claras, porque non
son tempos para políticos amateurs. Non se pode vir ao Goberno para aprender.
Necesítanse forzas políticas que estean dispostos a responder aos enormes retos
que ten por diante a sociedade española”
“Necesítase experiencia porque o principal reto que segue tendo
España é seguir pola senda da recuperación económica e a creación de emprego,
para chegar a 2019 con 20 millóns de españois traballando. Necesítanse forzas
políticas que estean dispostos a responder aos enormes retos que ten por diante
a sociedade española”
“O Partido Popular, non só no Goberno central, senón nos Gobernos
municipais e autonómicos demostrou, dabondo, que ten experiencia e sabe
gobernar en momentos económicos delicados”.
E mentres o Partido Popular ten un proxecto de futuro para todos
os españois, os votantes de esquerda asisten perplexos ao duelo diario de
descualificacións e radicalismos entre Pedro Sánchez e Pablo Iglesias,
embarcados nas súas pelexas de xogos de tronos para ver quen é o dominador e
quen o dominado.
Un exemplo claro vivímolo onte, cando Pablo Iglesias volveu a
mofarse do partido socialista cunha extravagante oferta de intercambio de
cadeiras de brazos no Senado. A lacónica resposta de Sánchez -non, grazas- é o
mellor testemuño da debilidade e a desubicación do secretario xeral do partido
socialista ante as eleccións do 26 de Xuño.
E Albert Rivera, no canto de facer algunha proposta seria aos
españois, continúa sumido na súa obsesión anti-PP. Coas súas descualificacións,
Rivera trata de ocultar o seu apoio á investidura errada de Sánchez e a súa
adhesión ao programa socialista de derrogar as reformas da recuperación.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta