En Galicia vendéronse 3.643 unidades,
o que supuxo un crecemento do 20,83 %. En Ourense vendéronse 1.210 unidades.
Experimentando un crecemento do 27,50 %
No primeiro cuarto do ano 2016, o
mercado rexistra un volume de 385.775 unidades o que representa un crecemento
do 10,3%, sendo o mellor cuadrimestre desde o ano 2008.
No mesmo período en Galicia
vendéronse 13.364 unidades, o que supón un crecemento do 6,60 %.
En Ourense, neste primeiros catro
meses, vendéronse 1.571 unidades, o que representa un crecemento do 15,18 %.
Destacar que esta porcentaxe de crecemento é a máis importante das catro
provincias e duplica con creces a media galega.
Son uns datos moi alentadores que
evidencian a recuperación económica expresada na activación do consumo e que
son especialmente importantes nun país que ten unha altísima presenza de
plantas de fabricación de coches, unha delas en Vigo.
Un sector do Automóbil que en 2015 Galicia, medrou en facturación dun 8,2%, ata sumar 8.200 millóns de euros, cifra que representa o 15% do PIB. As exportacións do sector tamén creceron un 5,8% durante o ano pasado, cobren o 71,3% da súa facturación e suman o 31% das exportacións galegas. Ademais que as vendas de coches aumentaron un 12%.
Precisamente onte a industria automobilística
recibía a gran noticia de que a compañía francesa Renault, iniciaba un
investimento que que terá incidencia nos seus centros produtivos de Valladolid,
Palencia e Sevilla, de máis de 600 millóns de euros ata 2020 e permitirá xerar
dous mil novos contratos indefinidos, así como a potenciación do novo centro de
I+D+i de Valladolid, ao que se incorporarán 150 enxeñeiros. Destes
investimentos van beneficiar moitas das empresas auxiliares, algunhas delas
radicadas en Ourense.
Resaltaba precisamente onte o
presidente do Goberno Mariano Rajoy, nunha visita a unha empresa auxiliar en Guadalajara, esta
aposta investidora pon de manifesto a alta competitividade do sector
automobilístico no noso país, un sector no que o desenvolvemento e a innovación
xogan un papel fundamental e que está a contribuír a impulsar a recuperación do
noso país e a crear emprego.
E engadiu que é unha nova demostración da
confianza que continúan xerando as reformas do Goberno entre os grandes
investidores internacionais. E deu o dato de que o pasado ano, o investimento
estranxeiro produtivo creceu un 11% e supera os 21.700 millóns. Este dato
apunta á consolidación do cambio de tendencia iniciado en 2013 cara á
recuperación do investimento produtivo estranxeiro.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta