Asisto hoxe pola mañá na Deputación Provincial de
Ourense, ao acto de entrega ao xornalista Santiago Jaureguízar do XXVI Premio de
Periodismo “Xosé Aurelio Carracedo”, na súa edición 2016. O xurado do certame
concedeu o galardón polo artigo publicado no xornal “El Progreso” de Lugo,
titulado Os amigos do cadáver de Blanco Amor.
Santiago
Jaureguizar é redactor de Cultura do diario El Progreso de Lugo dende 1993.
Coordina o suplemento cultural Táboa Redonda.
Un certame
instaurado pola institución provincial como homenaxe e lembranza do xornalista
ourensán que lle da o seu nome, falecido en 1988, e en defensa dun xornalismo
de calidade. Tiven a oportunidade de coñecelo e acredito as suas cualidades.
O
acto, presdido por Manuel Baltar, contou tamén coa participación de Clara
Carracedo, irmá de Xosé Aurelio, e do deputado provincial de Cultura e
presidente do xurado, Manuel Doval, e a presenza de representantes
institucionais e dos ámbitos cultural, social e xornalístico.
Santiago Jaureguizar agradeceu ao xurado por escoller
o seu artigo para este premio “un dos máis importantes que se conceden no país
en prensa”. O xornalista explicou que no seu artigo fala “das relacións entre
os intelectuais e os políticos a través da figura de Blanco Amor, despois de
ler unha entrevista coa escritora María Xosé Queizán que era amiga del e
contaba o que lle sucedeu a Blanco Amor cando morreu”.
Na
clausura do acto, Manuel Baltar afirmou que hoxe “celébrase o Día Mundial da
Liberdade de Prensa, efemérides que vimos conmemorando desde 1993, e que este
ano fai referencia á cidade de Helsinki, tendo como lema a participación
cidadá, a transparencia e o acceso á información, cuestións fundamentais que
corresponde poñer en valor, e que, con este premio, desde a Deputación de
Ourense, destacamos, como tamén unha aposta importante polo xornalismo de
calidade”, afirmou o presidente provincial.
Baltar
subliñou que “Salientamos hoxe a figura do xornalista Xosé Aurelio
Carracedo porque seus valores son os que inspiran este premio: “C” de
compromiso, curiosidade, certeza, credibilidade e de contrastar as
informacións, algo básico en calquera código deontolóxico da profesión
xornalísticas, valores todos que atesora o traballo de Carracedo”, dixo Manuel
Baltar, e engadiu que Santiago Jaureguízar “contará a partir de agora co
prestixio de ter este premio, e este premio contará tamén co prestixio que
supón unir o nome de Santiago Jaureguízar á nómina de premiados con este
galardón”.
Parabéns ao premiado.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta