Interveño esta mañá no faladoiro
de Radio Voz que modera Antía Díaz Leal e no que tamén
interviron Pepe García, Roberto Blanco Valdés e Xosé Gago.
Falamos en primeiro lugar da alianza entre
Podemos e EU. Dixen que se fose militante socialista estaría moi preocupado por
esta coalición electoral que aspira a disputarlles o liderado da esquerda. E
engadín que a integran dous partidos que se necesitan, PODEMOS por canto as
súas expectativas electorais están en retroceso. E esquerda Unida por problemas
de índole económica e de asignación de escanos pola lei electoral vixente. En
todo caso a suma de porcentaxes de dúas forzas que se coaligan non sempre dá
como resultado o resultado numérico exacto esperado.
Comentamos logo os problemas de En Marea. Dixen
que esta peculiar forza política vive nestes momentos a súa peor crise interna. Con notorios desacordos en canto ao tipo de
organización e á elección de candidatos, como por exemplo a presidencia da
Xunta. O seu modelo de partido é o dunha formación desunida, na que cada
integrante ten os seus propios intereses, onde importan máis os nomes propios e
o protagonismo persoal, sen proxectos nin ideas máis alá que arrebatarlle o
poder ao Partido Popular, un poder que parece que esquecen gañou
democraticamente e co apoio da maioría de cidadáns.
Ademáis falei da loita de egos entre Xosé
Manuel Beiras e Yolanda Díaz, chea de tensión que aumenta, reflectindo como os
que antes dicían admirarse mutuamente, agora non teñen reparos en facer de
menos ao outro para botalo a un lado.
Salientéi que o máis preocupante da situación é que este é o panorama antes de nin tan sequera chegar a gobernar nada. Se son incapaces de chegar a acordos sobre a súa formación, resulta imposible crer que puidesen chegar a un punto de entendemento sobre un goberno.
Finalmente falamos das críticas do
alcalde de Ferrol a Miguel Tellado, novo secretario xeral do PPdeG
Dixen que se trata dun compañeiro
preparado, bo polemista e co que estamos encantados de traballar. E que seguirá plantando cara a aqueles que como o dirixente de ANOVA, Xosé Manuel Beiras non respetan as mínimas regras do comportamento parlamentario.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta