Interveño hoxe no faladoiro de Radio Voz que dirixe Antía Díaz Leal na que participaron tamén Carme Adán e Pablo Mosquera.
Falamos en primeiro lugar da reunión celebrada onte polos ministros de Agricultura da UE en Bruxelas para abordar a problemática situación da produción de leite, que segue alagando os mercados e na que os prezos asfixian aos gandeiros.
Dixen que desde
a Xunta de Galicia seguimos esixindo á Unión Europea que actúe para facer fronte á difícil situación do sector
lácteo. Demandamos medidas
efectivas de mercado para atallar o problema que representa a
sobreprodución e a caída dos prezos en orixe.
Que, eclamamos que se faga efectivo, se é
necesario, o uso da reserva de crise da UE para inxectar fondos ao sector e
paliar así os problemas de liquidez dos gandeiros.
Afirmei que
continuaremos traballando para apoiar o lácteo galego dentro
das nosas posibilidades, fronte a unha crise mundial e europea como a que está
a vivir. Farémolo con axudas,
medidas normativas e actuacións a medio e longo prazo para mellorar a súa estruturación e promover
a diversificación produtiva.
Neste sentido, lembrei que a Xunta puxo en
marcha un Plan de Fortalecemento do
sector que permitiu sumar esforzos de todos os axentes da cadea de valor do
leite para adoptar decisións a curto, medio e longo prazo.
Falei tamén que neste 2016 destinanse máis
de 85 millóns de euros en axudas ao sector e que existe, ademais, unha partida
dun millón de euros para inxectar
liquidez entre 2015 e 2017 nas explotacións lácteas, a través da
moratoria dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación
de mozos á actividade agraria.
A estas achegas hai que sumar as axudas da PAC: Ata o de agora lévanse
tramitados case 140 millóns de euros dos pagos directos da PAC en Galicia da
campaña 2015-2016.
Falamos despois da publicación dun informe titulado "Custo e utilidade das deputacións provinciais: claves para un debate necesario", presentado pola Fundación "Hai Dereito", que expón que a supresión das deputacións, sen deixar de prestar os servizos aos municipios de menos de 20.000 habitantes, supoñería un aforro inmediato de case 600 millóns de euros.
Lembrei que a nosa Constitución considera á provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de municipios e división territorial para o cumprimento das actividades do Estado e que o seu goberno e a administración está encomendado ás Deputacións.
Dixen que desde o PP, defendemos ese modelo constitucional de deputacións provinciais que se ocupa do mundo rural español e moi en especial das persoas que viven nos pequenos municipios.
Lembrei que en España hai 6.825 concellos con menos de 5.000 habitantes.
Trátase de garantir que os 15 millóns de españois que viven no medio rural teñan os mesmos dereitos que o resto; garantir o principio de igualdade; evitar o despoboamento do mundo rural; manter a vertebración que levan facendo desde hai dous séculos; garantir a existencia do mundo rural prestando servizos públicos necesarios e que se poida xerar riqueza.
Critique a afirmación de que as deputacións custan moito para a súa función, e acheguei o dato de que o seu custo en 2015 supuxo 6.357 millóns de euros, fronte aos 162.524 millóns que supuxeron as Comunidades Autónomas.
Resaltei o importante papel que tiveron as deputacións na corrección do déficit público, posto que achegaron superávit.

Falei tamén das función que
asumen as Deputacións en Infraestruturas,
Augas e Medio Ambiente, Cultura e Deporte e Benestar.
E dixen que o importante
é que estas administracións traballen con vocación social, con rigor económico,
esencialmente cooperador, coa transparencia como liña estratéxica institucional
e sexan innovadoras administrativamente.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es