martes, 31 de mayo de 2016

No faladoiro de Radio Voz

Intervín hoxe no habitual faladoiro de Radio Voz que dirixe Antía Díaz, na que interviron tamén Roberto Blanco Valdés e Pablo Mosquera.

Falamos en primeiro lugar de que hoxe José Luís Méndez Romeu anunciaba a súa dimisión como portavoz parlamentario do PSdeG, despois de que Xaquín Fernández Leiceaga vencese no proceso de eleccións primarias no que ambos competían para ser o candidato socialista á Presidencia da Xunta.

Dixen, que era unha decisión esperada posto que a derrota nas primarias fora contundente e ademais Romeu presentouse no Pleno do Parlamento de Galicia, a semana anterior como “futuro presidente da Xunta”, adiantándose mesmo a que o seu propio partido nomeáselle como candidato. Valorei desde logo a súa traxectoria de servizo público como positiva.

Despois falamos da proposta do Partido Popular de rebaixar no IRPF en dous puntos que algúns partidos criticaran. Dixen que é un obxectivo perfectamente posible e compatible co cumprimento da redución do déficit comprometido con Bruxelas, tal e como hoxe mesmo lembraba o ministro de Economía e Competitividade en funcións, Luís de Guindos.

Sostiven que a redución de impostos que expón o programa electoral do PP é viable sempre que se manteña o crecemento económico do PIB na contorna do 2,5 % ou do 3 %.

Dixen que desde o PP vemos posible seguir alixeirando a carga fiscal dos españois ata dous puntos en todos os tramos do IRPF.

Lembrei que as rebaixas do IRPF de xaneiro e xullo do ano pasado, cualificadas nese momento de electoralistas, contribuíron ao consumo e, por extensión, á recuperación da economía.

Din alguns datos como que a reforma do IRPF vixente supón só no tramo estatal unha rebaixa media do 12,5% (347 €) a cada un dos 1.278.500 declarantes de IRPF en Galicia. O impacto da inxección de renda dispoñible para o conxunto da economía galega ascende a 444 millóns de euros. O impacto da rebaixa é moi superior para os asalariados con rendas por baixo da media: lle supón un 27,44%; e os que obteñen rendas inferiores a 12.000 € anuais quedan exentos do pago do IRPF.

Finalmente falamos no faladoiro do Auto da Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, que estimou diferentes recursos de apelación interpostos contra o auto que puxo fin á instrución do caso Alvia e que acorda retrotraer a causa á fase de dilixencias previas, e manda que “practíquese a ratificación e aclaración” de dous informes periciais, ademais das probas que se consideren necesarias, para determinar diversos extremos.

Actuacións que deberá levar a cabo o Xulgado de Instrución nº3 de Santiago.

Dixen que esta resolución acredita que no noso País, existe unha clara separación de poderes de modo que o poder xudicial actúa con total independencia e autonomía e que todos debemos respectar ese Auto e esperar a que se realicen as novas investigacións e dilixencias.

E preguntado pola procedencia ou non dunha comisión de investigación parlamentaria sobre este tráxico accidente, mantiven a nosa posición expresada no Congreso dos Deputados, de que non resulta procedente mentres estea sub iudice o procedemento penal antes citado.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta