Onte como a
maioría dos compromisarios do PP de G de Ourense, asistín no auditorio do
Conservatorio de Música a escoitar ao candidato á presidencia do partido Alberto Núñez Feijoo, na semana previa a
celebración do congreso autonómico que terá lugar en Ourense os
próximos días 7 e 8 de maio.
Dixo que “en Ourense non podemos fallar nin baixar
dos resultados obtidos en 2012 e desde aquí imos ensinar o que sabemos facer”. Engadiu
ser un convencido desta provincia, de “onde imos sacar unha terceira maioría
absoluta”.
Feijoó demandou un dobre apoio dos presentes tanto
para ser presidente do partido como presidente de Galicia. “Non teño outro
obxectivo”, dixo, explicando que asume ata catro responsabilidades como son
optar á presidencia do partido, gañar o congreso, optar á presidencia da Xunta
e sacar unha nova maioría absoluta.
Se definiu como un político inconformista, leal,
“nin feito en laboratorio nin en estudios de televisión”, contrario á política
do espectáculo e a frivolidade, destacou que o Partido Popular é o primeiro
partido de Galicia “porque gañamos as eleccións e iso lexitímanos para
continuar en política”. Pero tamén advertiu que “non partimos con vantaxe e o
obxectivo non pode ser outro que alcanzar a maioría absoluta”.
Como balance da súa xestión á fronte do goberno
galego, Núñez Feijoó lembrou que “chegamos á Xunta en 2009, a piques de crebar,
e hoxe é o momento da recuperación, pero tamén vos convido a unha Galicia
distinta en 2020”, anunciando neste sentido que unha das súas principais
apostas para os próximos anos será impulsar o sector agroalimentario e forestal
da comunidade.
"Quen non pode liderar un partido político non
pode gobernar un país. Se cadra non son o candidato máis novo nin experto en
redes sociais pero non creo que a política sexa un xogo nin un tuit, Galicia
non está para bromas; gobernar non é un faladoiro, é manexar unha nave en época
de dificultade", indicou o presidente do PP de G, que encomiou o noso proxecto por ter unhas ideas "que
permanecen por encima das persoas" e criticou aos compañeiros de
formación"que se lucraron coa política".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta