Participo esta
mañá en Compostela no primeiro Comité de Campaña do PPdeG para
os próximos comicios nacionais, que presidiu Miguel Tellado que en
declaración posteriores afirmou que os populares farán unha campaña que aposte
por maiores fórmulas de participación, facendo menos mítines, con máis presenza
na rúa, máis conversa cos veciños, e con “menos moqueta e máis beirarrúas”.
Admitiu que xa
temos en marcha toda a maquinaria electoral do partido nas catro provincias
para permitirnos sacar os
resultados que merece o PPdeG, que é a primeira forza política na nosa
comunidade.
Nesta liña,
indicou que traballamos no deseño dunha campaña que vai vir marcada polo clima
xa que non é mesmo facer unhas eleccións en decembro que en xuño, podendo
aproveitar as posibilidades climatolóxicas para sacar a campaña á rúa.
Tellado tamén
apuntou que os populares explicaremos nestes comicios cal é o seu proxecto de
futuro para o país e cales son os riscos que corre España se cae en mans dun
partido como Podemos ou dunha coalición -necesaria para evitar que goberne o
PP- que estaría formada polo partido de Pablo Iglesias, o PSOE e partidos separatistas
e da esquerda máis radical.
Afirmou que faremos unha campaña “moi en positivo”,
ao tempo que explicou que non ten sentido entrar na estratexia de crispación
que leva a cabo a oposición e que apelarán á razón e a criterios obxectivos que
demostran que o mellor para o noso país é que continúe habendo en España
un Goberno do PP.
No plano
político, tamén asegurou que estes serán uns
comicios diferentes, xa que en decembro o enfrontamento era entre o PP e
o PSOE pero, tralo ocorrido nos últimos meses, agora a polarización será
entre o PP e Podemos. Nesa liña, tamén engadiu que Podemos estalle pasando pola
esquerda ao PSOE e que eles serán o eixo central da esquerda en lugar dos
socialistas.
Por último,
subliñou que asumimos o reto co obxectivo
irrenunciable de seguir sendo o primeiro partido de Galicia e o referente da maioría dos galegos
xa que “só o PP garante a estabilidade política e institucional que é o que
precisamos para seguir crecendo no plano económico e para seguir creando
emprego, que é o que máis preocupa á cidadanía”.
https://www.youtube.com/watch?v=nRY_eRGDzPg
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta