Onte no Parque do Retiro en Madrid, tivo lugar presentación dos números uno do PP para as eleccións do 26 de xuño. A secretaria xeral do Partido Popular, María Dolores Cospedal reivindicou a candidatura da súa formación para seguir gobernando o país no próximos catro anos: "Temos un equipo e un programa. Un proxecto que é unha España forte, unida e solidaria. Unha España na que ninguén quede atrás"
Cospedal dixo que "estamos aquí para poñer de manifesto que cremos que somos un equipo con solvencia, experiencia, que transmite confianza e seguridade e que ten un obxectivo claro, que é defender o interese xeral de España, traballar por España e polo interese xeral dos españois".
Neste acto o presidente do Goberno en funcións e do Partido Popular, Mariano Rajoy, entro outras cousas dixo:
"É moi importante que o 26 de xuño todos os españois vaian votar. Superamos o peor da crise, xa saímos da recesión e do crecemento económico negativo e estamos nunha situación na que, a pouco que fagamos as cousas ben, podemos mirar ao futuro con esperanza".
"É moito o que está en xogo, fundamentalmente que a recuperación económica chegue a todos os españois e que continuemos o proceso de creación de emprego. O gran obxectivo desta lexislatura vai ser chegar a 20 millóns de españois traballando. Temos que perseverar nas políticas que foron útiles e seguir co proceso de reformas xerando tranquilidade e confianza de fronte ao futuro".
"Nós imos apostar pola España moderada. Porque o que necesita España é moderación, seguridade, tranquilidade, confianza, estabilidade e certidumbre. Imos apostar polas políticas eficaces en beneficio dos cidadáns, a cuxo servizo estamos".
" Imos apostar por unha España en positivo, imos tentar resaltar as cousas que funcionan ben en España e que non hai que cambiar, e mellorar as cousas que poden mellorar. Algúns son proclives a contar as cousas que van mal, pero en España son moitas as cousas das que podemos sentirnos orgullosos".
"Imos apostar pola unidade nacional e pola soberanía nacional. España será o que queiran o conxunto dos españois e non unha parte deles. Imos apostar pola igualdade entre españois, sexan de onde sexan e pensen o que pensen".
" A radicalidade é real en España. Hai unha parte da clase política instalada nela. O peor que lle pode ocorrer a España é volver ao que se fixo antes da chegada ao Goberno do PP e sería peor apostar por ideoloxías, formulacións e políticas que foron derrotados pola pura realidade hai xa moitos anos".
A este acto acudiu, Miguel Viso que encabeza a lista ao Congreso por Ourense, na que eu figuro no posto número dous.
http://www.pp.es/actualidad-video/rajoy-vamos-apostar-por-espana-moderada-positivo
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta