Saliento unha esperada e boa nova, a de que hoxe o Consello da Xunta de
Galicia, deu o visto e prace a un convenio marco de colaboración entre o
Ministerio de Fomento, a Xunta, o Concello de Ourense e a entidade pública
empresarial Adif-Alta Velocidade para executar e desenvolver a nova
estación de autobuses da cidade das Burgas. Trátase de configurar un nó de
intercambio modal coa estación ferroviaria e outros medios de transporte de
viaxeiros.
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou sinalou
que os obxectivos fundamentais son principalmente tres: promover o uso do
transporte público; mellorar a permeabilidade da cidade no entorno; e dotar á
estación ferroviaria das instalacións necesarias para a chegada da alta
velocidade no ano 2018.
Logo de indicar que, a través deste acordo, cada institución terá diversos
compromisos, Feijóo especificou que a Xunta encargarase de redactar os
proxectos, executar e financiar as obras da estación de autobuses integrada na
estación intermodal, así como de redactar o proxecto, executar as obras e tamén
financiar unha porcentaxe do novo aparcadoiro de turismos.
Do mesmo xeito, terá que obter os solos necesarios para a nova estación de
autobuses e indemnizar aos arrendatarios dos contratos que teña en vigor
ADIF-Alta Velocidade no ámbito da estación de autobuses.
Ademais, a Xunta deberá tramitar, conxuntamente co Concello de Ourense, as
modificacións precisas no planeamento urbanístico.
Os compromisos do Ministerio de Fomento, de Adif e do Concello de
Ourense:
Pola súa banda, o Ministerio de Fomento terá que facer e tramitar o Estudo
Informativo da Estación Intermodal de Ourense.
En canto a Adif-Alta Velocidade, terá que redactar os proxectos, executar e
financiar as obras de adaptación da estación ferroviaria aos servizos de alta
velocidade e as actuacións de mellora da permeabilidade peonil da cidade na
zona.
Do mesmo xeito, deberá transmitir á Xunta os terreos e edificacións da súa
titularidade necesarios para a execución da nova estación de autobuses e poñer a
disposición do Goberno galego os terreos necesarios para a execución do
aparcamento subterráneo. Tamén deberá financiar nun 33% a execución das obras
deste aparcadoiro.
No que atinxe ao Concello de Ourense, Feijóo explicou que deberá promover e
tramitar as modificacións necesarias no planeamento urbanístico, así como ceder
á Fomento, Adif e á Xunta, de balde e libre de cargas e gravames, os terreos e
aproveitamentos da súa titularidade necesarios para a execución da estación de
autobuses.
Ademais, o Concello deberá realizar as actuacións relativas aos semáforos
que sexan necesarias e facer a reorganización do transporte urbano que garanta
a conectividade da estación intermodal coa cidade.
Segundo precisou Feijóo, trátase de “obras complexas que se insertan na
cidade”, que “precisan urbanizacións e accesos para facilitar a entrada e saída
dos autobuses” pero que, unha vez rematadas, permitirán a “permeabilidade dos
barrios”.
Como avanzou, a Xunta ten a vontade de presentar a estación intermodal de
Ourense no mes de xullo. “Esta é a nosa proposta e esperamos e desexamos que o
resto das administracións públicas cumpran o seu calendario”, sinalou, co fin
de que a estación intermodal estea lista no ano 2018.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es