Asisto onte en Avión a reunión da xunta directiva
provincial do Partido Popular de Ourense para facer análise dos resultados
electorais obtidos o pasado domingo e nomear ao comité de campaña para as
eleccións autonómicas de outono. Unha convocatoria que tivo como escenario o
edificio multiusos do Concello de Avión, onde o PP acadóu a
maior porcentaxe de apoio ao partido co 88,17 % dos votos. Un resultado
espectacular.
O presidente provincial, Manuel Baltar, salientóu
que esta reunión “ten como fin recoñecer os impresionantes resultados
alcanzados neste concello, pero tamén poñer en valor o traballo desenvolvido
polos outros 91 representantes locais do partido que fixeron unha gran campaña”.
O PP, engadiu, “é un partido por e para a
provincia, que só traballa en positivo na construción de Ourense e cunha
solidez clave no éxito electoral do domingo”. Neste sentido, Baltar lembrou que
a provincia tiña un claro protagonismo no programa de intencións co que se
presentou á presidencia do partido en marzo pasado, propostas das que citou en
concreto a celebración de xuntanzas itinerantes dos órganos do partido polo
territorio ourensán, sendo está a segunda das convocatorias que se realizan
fora da sede logo da celebrada en Cea na estrea da xunta directiva elixida no
congreso provincial.
Baltar non deixou pasar a ocasión de lanzar unha
mensaxe de agradecemento aos case que 30.000 afiliados ourensáns ao Partido
Popular, pero tamén aos 508 concelleiros que representan á formación por toda a
provincia. “Se o domingo celebráramos eleccións municipais –dixo en alusión á
extrapolación dos datos- tería que felicitar a preto de 600 concelleiros de 87
concellos e iso sí sería unha verdadeira demostración da fortaleza deste
partido”.
Para o presidente provincial, o éxito do PP radica
na capacidade de traballo das persoas que o integran e a súa continua
actividade política, “características que nos diferencian doutros partidos,
fatalistas e agoreiros, que aínda hoxe están a pensar nas causas do seu
estrepitoso fracaso, procurando calquera tipo de xustificación agás facer unha
profunda reflexión das súas mensaxes, baleiras de contido e co único propósito
de derrotar a outro partido. E iso non é política”.
Trala intervención do presidente, os membros do
órgano de goberno popular tiveron ocasión de analizar os resultados do domingo
a través dun completo informe no que se recollen todo tipo de datos e
extrapolacións por concellos, xuntas electorais e institucións.
Na orde do día da xunta directiva tamén figuraba a
constitución do comité de campaña para as eleccións autonómicas de outono, del
tal xeito que o Partido Popular de Ourense convértese na primeira formación
popular de Galicia en formar este órgano electoral, encargado da organización e
desenvolvemento.
Co Alcalde e os concelleiros de Avión |
Presidido polo propio presidente provincial como
responsable político, a coordinación e maila organización estarán de novo a
cargo de Rosendo Fernández e Jorge Pumar, respectivamente.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es