Nesa histórica vila, os candidatos unímonos aos responsables locais do partido e acompañamos ao Secretario xeral do PP de G, Miguel Tellado nunha repartición de propaganda electoral polas animadas rúas.
Coincidimos cos candidatos doutras forzas políticas, PSdG, En Marea e Cidadáns, que realizaban idénticas tarefas, aos que saudamos cordialmente.
Pola tarde e en compañía do alcalde Ourense, Jesús Vázquez, percorrín o barrio das Lagoas, sendo moi ben acompañado por un grupo de veciñas que nos foron explicando as necesidades existentes e as melloras e reparacións a realizar. Recibimos moita información que debe servir para dar solución a esas demandas.
Finalmente no local da Asociación de Veciños Portovello, ás 20,30 horas celebramos o primeiro mitin electoral ante un nutrido auditorio. Interveu en primeiro lugar o presidente do distrito Miguel Abad, que deu a palabra ao concelleiro de urbanismo Pepe Cudeiro, que con detalle deu conta da xestión municipal nese primeiro ano de lexislatura, do moito conseguido e do moito que queda por facer. E das actitudes da oposición municipal, que están a impedir que temas esenciais como o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou os Orzamentos saian adiante.
Pechei o acto cunha intervención na que despois de agradecer á Asociación de Veciños Portovello o seu traballo en beneficio do barrio, fixen primeiro un repaso do acontecido desde as eleccións de decembro de 2015 ata o día de hoxe, e os comportamentos das diferentes forzas políticos, que centraron os seus esforzos en impedir que gobernase quen gañara claramente as eleccións, articulando un voto en contra do noso partido que resultaba inxustificable en termos democráticos.
Lembrei como Mariano Rajoy propuxo desde o día 21 de decembro un amplo acordo con PSOE e C´s que foi rexeitado e que con todo estas dúas últimas forzas políticas fracasaran estrepitosamente en logarr unha investidura de Sanchez.
A continuación explique as liñas xerais e o noso programa que se expón en positivo: A favor do emprego co obxectivo de chegar aos 20 millóns de empregados en 2010, a favor de baixar os impostos, a favor das pemes e os autónomos, a favor dos mozos e das familias, a favor dos pensionistas e das mulleres, etc.
Destaquei os avances na creación de emprego no noso país, coa baixada por primeira vez - desde agosto de 2010- dos catro millóns de parados. O último dato de maio dá unha cifra de 4.891.403 parados.
A mellora é importante, pero é moitísimo o que queda por facer e o noso empeño é traballar para conseguilo. Así llo expresei a unha señora maior que desde o púbico díxome que ela tiña dous fillos no paro e que non cría nesa recuperación do emprego.
Precisamente é por estas persoas paradas e as súas familias, que viven con esa lamentable situación. polas que nos reafirmamos no compromiso en traballar máis e mellor para que o noso país siga crecendo economicamente, e creando emprego.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es