Celebramos
con un cento de mozos de Novas Xeracións chegados dende diversos puntos da
provincia, un acto nas termas da
Chavasqueira, no estivemos presentes os candidatos ao Congreso e ao Senado, así
como tamén a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e mailo
alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o presidente provincial.
Manuel
Baltar defendeu ao PP como “o partido da xestión e a innovación, con candidatos
coñecidos polos ourensáns fronte a outros que carecen de calquera experiencia
de xestión”, pedíndolle aos 15.000 electores que en decembro apoiaron a
Ciudadanos que reflexionen o seu voto, “que só serviu para que esta formación
pactase despois cos socialistas”.
Recuperando
a confianza destes votantes, dixo, “e demostrando como estamos a facer que
somos a forza da participación, do respecto e da moderación, conseguiremos que
Ana Belén Vázquez sea a terceira deputada do PP por Ourense e a nosa provincia
a de maior apoio ao partido de toda España”.
Mentres
Ethel Vázquez e Jesús Vázquez falaron do papel fundamental que están chamados a
xogar os mozos do PP por ser eles o futuro, Miguel Ángel Viso, en
representación dos candidatos do PP, loubou o traballo que está a facer Novas
Xeracións “nun momento no que á xuventude cóstalle achegarse á política e aí
temos nós que loitar por enviarlles unha mensaxe a favor”.
A este mitin acudín despois decorrer uns kilómetros polas beiras do Miño, o que explica o meu atuendo deportivo.
Pola tarde tivemos mitín en Cartelle coa excelente intervención da nosa candidata ao Senado, Carmen Leyte Coelllo.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta