martes, 21 de junio de 2016

De campaña no centro de Ourense, San Francisco e A Cuña-Mariñamansa

Onte a miña participación na  campaña electoral centrouse na Cidade de Ourense. 

Primeiro coa colocación na rúa do Paseo da nosa carpa, na que militantes e simpatizantes reparten propaganda electoral neste neurálxico punto da capital. 

E pola tarde percorrín con outros compañeiros as rúas do barrio de San Francisco ata que ás 20,15 horas no local da AA VV de Os Montes celebramos un mitin, no que interveu a concelleira e presidenta dese distrito, Belén Iglesias, Jesús Vázquez, a conselleira Ethel Vázquez, a nosa candidata Ana Belén Vázquez Blanco, e eu mesmo.

Ao terminar nos deprazamos ao local social de A Cuña (Mariñamansa) onde ante un nutrido auditorio tivemos outro mitin, este presentado polo concelleiro e presidente do distrito, Jorge Pumar.

Nas miñas intervencións destaquei que o Partido Popular  co seu candidato á presidencia do Goberno, Mariano Rajoy gañará as eleccións o próximo 26 de xuño en España, como xa hizimos nos comicios do 20 de decembro. 

E que detrás do PP estará a coalición de Podemos-EU, niso coinciden o 100% das enquisas e serán a segunda forza porque se uniron.  E dixen que o que temos que facer nós é o mesmo. Non se pode dividir o voto moderado, hai que concentrar o voto no PP.

Resaltei que se concentramos o voto moderado, gañará a sensatez, o equilibrio e a moderación. Se pola contra o voto moderado divídese entre varias forzas políticas, sairán beneficiados os extremistas.

Lembrei que estamos ante unhas eleccións dun enorme calado e cobra absoluta vixencia que a unión fai a forza. Iso é o que hai que transmitirlle a todas as persoas que queren ao seu país, que queren políticas sensatas como se fan en Europa.

Destaquei que o que menos lle convén a España é cambiar de rumbo, cambiar a dirección pola que fomos estes anos, porque sería dilapidar o esforzo que han fixeron os españois durante os anos máis duros da crise.