martes, 14 de junio de 2016

De campaña no barrio ourensán de Santa Teresita

Dedicamos a tarde de onte á campaña electoral no barrio ourensán de Santa Teresita, en cuxas rúas tivemos contacto con moitos veciños cos que falamos para escoitar as súas preocupacións e transmitirlles as nosas propostas.

Logo ás 20,30 horas celebramos un mitin no local social da Asociación de Veciños, na rúa Barbantiño. Alí falou en primeiro lugar o concelleiro Pepe Araujo que fixo un repaso á xestión municipal do PP no Concello e ao valor da cooperación interinstitucional para mellorar a cidade. Así destacou o  apoio da administración central, autonómica e provincial a moitos proxectos que doutro xeito non se poderían abordar.

Logo foi a quenda de Belén Quevedo, a candidata ao Congreso que puxo en valor a xestión do goberno de Rajoy, como base do benestar dos cidadáns e a necesidade de continuar na senda emprendida.

Interveu despois o veterano político e ex alcalde de Ourense, Enrique Nóvoa "Poly" que animou aos veciños do barrio para seguir apoiando ao partido que garante a estabilidade e a recuperación económica e o benestar dos cidadáns.

O invitado especial a este acto foi o noso Conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, que reflexionou sobre a importancia da xestión política, seria, responsable e eficiente como base das políticas sociais. Explicóu as políticas sociais da Xunta que atenden aos que máis o necesitan e que garanten os servizos públicos fundamentais, como son a educación, a sanidade e os servizos sociais. Tamén falou das políticas fiscais como a relativa á eliminación do imposto de sucesións.

E correspondeume pechar o mitin cunhas palabras iniciais de recoñecemento ao primeiro ano de goberno do PP no Concello de Ourense, felicitando a Jesús Vázquez e os seus concelleiros polo traballo realizado do que sentimos orgullosos.

Logo falei do emprego, como primeiro obxectivo do Partido Popular, a base do crecemento e do mantemento das pensións e do estado do benestar e da seriedade das eleccións do 26 J no que non hai máis opcións que a segura que representa Mariano Rajoy ou a inseguridade do populismo.

E finalizado este acto, un amplo grupo de militantes reunímonos nunha pizzería da Avenida de Santiago, onde seguimos a primeira o debate a catro que emitía a televisión.


Un debate no que Mariano Rajoy mostrouse presidencial, solvente nas súas intervencións e con palabras dun gobernante experimentado, responsable e con altura de miras, fronte a quen quere arranxar España nun minuto de intervención.

Rajoy mostrouse ante os españois moderado e convincente. Coñece mellor que ninguén o país. Defendeu a súa xestión fronte a quen só queren ver unha España negra e pesimista. Ademais, foi quen expuxo propostas e metas concretas de futuro aos españois.

Rajoy gañou no "todos contra un". Un presidente fronte a tres aspirantes.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta