Máis polo miúdo, Feijóo
destacou que nos próximos meses se inxectará unha achega de 4,2 millóns de
euros para pechar as concentracións xa moi avanzadas e para decretar novas
zonas de reestruturación.
Nesta
liña, levaranse a cabo varias obras que permitan poñer á disposición dos
propietarios as fincas afectadas por distintos procesos de concentración
parcelaria, e que facilitarán o acceso a fincas ou a mellora das comunicacións
en máis de 36.000 hectáreas, beneficiando en total máis de 25.000 familias. “E,
tamén decidimos iniciar os traballos en novas zonas de reestruturación
parcelaria, actuando en máis de 8.700 hectáreas, que beneficiarán máis de 3.300
propietarios”, engadiu.
No eido das infraestruturas, o titular da Xunta precisou que a Administración autonómica destinará 4,5 millóns de euros para poñer a punto numerosas infraestruturas nun total de 25 concellos. E, co obxectivo de diversificar as posibilidades no agro, destinarase unha liña de 2,6 millóns de euros para plantar no rural galego preto dun millón de castiñeiros, en case 1.000 hectáreas e beneficiando case 700 familias.
Co fin de minorar os danos de
determinadas especies animais –especialmente o xabaril e o lobo- sobre os
cultivos agrícolas, destinaranse ademais 2 millóns de euros a distintos labores
de prevención e de axudas aos afectados.
E, no tocante ao sector
pesqueiro, Feijóo adiantou que a Xunta destinará unha achega de 3 millóns de
euros co obxectivo de acometer de xeito inmediato obras de mellora en pantaláns
e de mellora da seguridade dos portos.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es