lunes, 6 de junio de 2016

De precampaña en Cea e O Carballiño

Estivemos esta mañá os andidatos ao Congreso e ao Senado polo Partido Popular de Ourense nas  localidades de Cea e O Carballiño dentro do programa de actividades da precampaña que o PP está a realizar nestes días, visitando aos produtores de pan de Cea e a unha das empresas máis importantes do parque empresarial de Seoane.

En Cea, coñecimos de primeira man a elaboración do pan de Cea no forno Lodairo e os preparativos que se están a facer para o vinte e cinco aniversario da Festa gastronómica deste produto, cita declarada de interese turístico. 

A segunda cita da mañá  estivo no Carballiño, onde  visitamos  o parque empresarial de Seoane e, máis en concreto, a empresa GRI Renewable Industries unha empresa nacida como parte do holding de Corporación Gestamp. 

Dentro desta multinacional e baixo o paraugas de Gonvarri Steel Industries, desenvolven unha actividade de fabricación de torres e bridas para o sector da enerxía eólica.

A fábrica de O Carballiño, a máis productiva do Grupo, emprega no Carballiño a 350 operarios.

Foi unha perfecta ocasión para coñecer de cerca o proceso productivo desta planta industrial que está contribunido de xeito importantísimo o mantemento de emprego en toda a comarca.