Hoxe coñecemos o informe semestral de Perspectivas, a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) que reduce boa parte das previsións económicas para os seus países membros para este ano e o próximo, á vez que se inquieta pola débil recuperación desde o estalido da crise, que en caso de inacción corre o risco de perpetuarse e engadir incertezas.
En conxunto, a OCDE crecerá ao 2 % este exercicio e ao 2,1 % o próximo, dúas décimas menos do anunciado no informe precedente.
"O crecemento é plano nas economías avanzadas e tense desacelerado en moitas das economías emerxentes que foron a locomotora global desde a crise", declarou o Secretario Xeral da OCDE, Angel Gurría, ao presentar as Perspectivas durante a Reunión do Consello de Ministros e o Foro da Organización, que se celebran cada ano en París. "O lento crecemento da produtividade e a crecente desigualdade expoñen máis retos. É urxente emprender unha acción integral de política para garantir que nos imos desta decepcionante traxectoria do crecemento e impulsemos ás nosas economías a niveis que garantan bos niveis de vida para todos", dixo o SG Gurría.
"O crecemento é plano nas economías avanzadas e tense desacelerado en moitas das economías emerxentes que foron a locomotora global desde a crise", declarou o Secretario Xeral da OCDE, Angel Gurría, ao presentar as Perspectivas durante a Reunión do Consello de Ministros e o Foro da Organización, que se celebran cada ano en París. "O lento crecemento da produtividade e a crecente desigualdade expoñen máis retos. É urxente emprender unha acción integral de política para garantir que nos imos desta decepcionante traxectoria do crecemento e impulsemos ás nosas economías a niveis que garantan bos niveis de vida para todos", dixo o SG Gurría.
Neste informe fálase de España e dise:
"A recuperación continuará a un ritmo máis sustentable:
A recuperación segue adiante grazas ao sólido crecemento do emprego, os baixos prezos do petróleo e a política monetaria expansiva, aínda que o crecemento moderouse suavemente en comparación con 2015. O consumo segue estando impulsado pola sólida recuperación do emprego e o aumento da renda dispoñible, aínda que recentemente deceleróu marxinalmente. A confianza dos consumidores e as empresas caeu nos últimos meses. A produción industrial reduciu o seu ritmo e indicadores recentes, como o investimento en bens de equipo, mostran un crecemento trimestral máis moderado.
As reformas estruturais impulsarían o crecemento:
Tras a relaxación de 2015, cabe esperar que a política fiscal volva a un terreo neutro en termos xerais. A causa do baixo crecemento potencial, para reducir a débeda de forma sustentable habería que mellorar o balance estrutural. A posición neutral é acertada, xa que equilibra a necesidade de que continúe o crecemento e a creación de postos de traballo coa necesidade de reducir aos poucos a débeda pública.
A política monetaria na zona euro seguirá sendo moi acomodaticia, impulsando o investimento e o consumo a través de tipos de interese de crédito máis baixos. Con todo, outras forzas que apoian a recuperación irán a menos. A demanda externa perdeu algo de impulso pola debilitación de moitas economías dos mercados emerxentes e o impacto positivo da caída dos prezos do petróleo moderarase.
A incerteza política reinante desde as eleccións xerais de decembro de 2015 pesará na demanda, en caso de prolongarse. Impulsar a produtividade é condición indispensable para lograr crecemento sustentable a medio prazo.
Medidas complementarias, como a redución do grao de integración vertical no mercado eléctrico e a redución das barreiras de entrada ás actividades profesionais, contribuiría a incrementar a produtividade.
A taxa de desemprego manterase próxima ao 20% e caracterizarase por unha gran proporción de paro de longa duración e un dos maiores niveis de desemprego xuvenil da OCDE. Mellorar as oportunidades laborais para os desempregados e facilitar a súa volta ao mercado laboral é crucial para reducir a desigualdade nos ingresos e permitir que un maior número de persoas gozar da recuperación económica.
Necesítanse máis reformas para impulsar os recursos e a eficiencia dos servizos públicos de emprego, reforzar a activación para os desempregados e asignar máis fondos a plans de formación eficaces.
Abordar o elevado índice de abandono escolar en idades temperás e ofrecer segundas oportunidades a quen non completaron a educación secundaria sería útil para impulsar as competencias e contribuír, ao mesmo tempo, a reducir o desemprego xuvenil.
O ritmo da recuperación moderarase:
Segundo as proxeccións, o crecemento retardarase gradualmente ata o 2,8% e 2,3% en 2016 e 2017. Prevese que o desemprego siga caendo paulatinamente, grazas a un aumento sostido do emprego, aínda que seguirá sendo moi alto.
A inflación irá crecendo aos poucos, aínda que as presións seguirán sendo moderadas porque, a capacidade ociosa aínda é significativa.
A conta corrente manterase en superávit. Un período prolongado de incerteza política podería lastrar aínda máis o investimento e o consumo.
Un crecemento mundial máis débil do previsto, sobre todo nas economías de mercados emerxentes, reduciría as exportacións e deterioraría as perspectivas españolas de realizar investimentos directos estranxeiras en América Latina.
No lado positivo, unha demanda máis forte de Europa, o principal destino das exportacións de España, podería impulsar o crecemento por encima das proxeccións, do mesmo xeito que un investimento maior en construción."
Recibirá resposta