Tamén en termos desestacionalizados rexístrase un incremento de 35.658 persoas.
En termos interanuais, o sistema suma 440.529 afiliados, o 2,56%. O Réxime Xeral aumentou en 183.662 persoas (1,29%), ata alcanzar os 14.396.508 ocupados.
En maio, a afiliación creceu practicamente en todos os sectores de actividade, de maneira especial en Hostalería, 72.137 (6,31%).
En canto ao Sistema Especial Agrario experimentou un aumento de 15.303 afiliados (1,99%), contando na actualidade con 783.987 afiliados medios.
Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregados do Fogar avanzou en 711 persoas (0,16%), e suma 433.013 ocupados.
O Réxime de Autónomos conta con 3.198.148 persoas, tras aumentar en 14.014 (0,44%). O Réxime Especial do Mar incorporou 383 ocupados (0,60%), chegando a súa cifra de ocupación a 63.898. Finalmente, o Carbón perde 55 afiliados medios tras descender o 1,64%.
A cifra de afiliados á Seguridade Social incrementouse durante o pasado mes en todas as Comunidades Autónomas. Os maiores aumentos rexistráronse, en termos absolutos, en Baleares (52.057), Cataluña (40.338), a Comunidad de Madrid (15.746) Andalucía (13.215) e Castela-A Mancha (12.587).
En termos interanuais, maio pechou con 440.529 afiliados medios máis, o 2,56%, aumento debido en gran parte ao bo funcionamento do Réxime Xeral que suma 408.779 ocupados (2,92%).
GALICIA
A afiliación media á Seguridade Social alcanzou 949.180 ocupados en maio, tras aumentar en 5.824 afiliados medios (0,62 %) no último mes.
Son 26 as subidas consecutivas desde o mes de abril de 2014. Así mesmo, Galicia remata maio cunha cifra superior á de maio de 2012 e é o terceiro ano consecutivo no que aumenta a afiliación nun mes de maio comparado co exercicio anterior.
A afiliación media á Seguridade Social alcanzou 98.546 ocupados en maio, tras aumentar en 263 afiliados medios (0,27 %) no último mes.
Deles 72.996 están encadrados no Réxime Xeral e 25.551 no de Autónomos.
Dentro do réxime xeral hai 333 afiliados ao S.E. Agrario e 3.387 o S.E. Fogar.
Dentro do réxime xeral hai 333 afiliados ao S.E. Agrario e 3.387 o S.E. Fogar.
En termos interanuais, maio, Ourense pechou con 213 afiliados medios menos, un - 0,22%, dato que desde logo dexesamos que mude en positivo nos vindeiros meses.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta