miércoles, 8 de junio de 2016

Coñecendo á actividade do polígono industrial de San Cibrao das Viñas

Hoxe pola mañá, algúns dos candidatos do Partido Popular de Ourense ao Congreso e ao Senado visitamos o polígono industrial de San Cibrao das Viñas, dentro do programa de actividades enmarcadas na precampaña electoral que estamos a desenvolver nestes días, co obxectivo de tomar o pulso á economía da provincia.

Acudimos primeiramente ás instalacións de Aceites Abril, onde amablemente  o seu xerente, José Manuel Pérez Canal, explicounos o proceso de elaboración dos seus produtos e os proxectos nos que xa está a traballar esta importante empresa ourensá para a súa expansión comercial tanto nacional como internacional. 

Aceites Abril comezóu a sua andadura en 1962 da man de Don Manuel Pérez Delgado, no barrio de A Ponte en Ourense, na rúa Mercado. En 1997, trasladaron a planta de envasado de aceite ao polígono industrial de San Cibrao en Ourense, donde hoxe teñen unhas modernas instalacións que foron ampliadas nos últimos anos e desde donde envasan e distribuén aceite a máis de 30 países, cos máximos requisitos de calidade e respeto polo medio ambiente.

Coñecimos a nova e impresionante planta refinadora de aceite de 1.870 m2, que consta de 14 tanques con una capacidade de almacenaxe total de 6.422 Tn y unha producción de 400 Tn/día. E puidemos comprobar o proceso de envasado dunha amplia variedade de tipos de aceite vexetal adaptados as necesidades dos clientes (distribuidores, hostalería, etc): aceite de oliva virxe extra, ecolóxicos, monovarietais, aceite de oliva (intenso e suave), aceite de oruxo de oliva, aceite de xirasol, de semillas e especiais para fritir, envasados e a granel. 

Felicidades a esta gran compañía familiar que soubo crecer con moita intelixencia nun difícil e competitivo mercado e ademais facendo unha moi importante aposta investidora que seguro será exitosa. 

Logo na compaña de Miguel Ángel Viso, Francisco José Fernández, e o  secretario xeral do PP, Rosendo Fernández, mantivemos un encontro co presidente da Asociación de Empresarios do Polígono, Elías Mera, quen na compaña de membros da directiva subliñou a importancia deste área industrial, con máis de 300 empresas e 8.000 trabajadores, e formulou algunhas das principais demandas dos empresarios, entre as que citou a necesidade de contar con programas que faciliten a implantación de empresas e lles axuden a vender os seus produtos no exterior.

Na miña alocución fixen un repaso aos compromisos económicos do noso programa electoral en materia laboral, financieira, enerxética, fiscalidade, I+D+i, e apoio ás exportacións, etc. 

Tamén falamos do enlace do polígono coa autovía A- 52 e da intención para a próxima lexislatura de promover un estudio para coñecer a viabilidade dunha terminal ferroviaria de mercadorías nesta área industrial.

Un encontro moi proveitoso que seguiremos mantendo no futuro para estar mais próximos ás necesidades do noso sector industrial.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta