lunes, 6 de junio de 2016

Iniciando a precampaña en Cortegada

Visitamos  onte o fermoso Concello de Cortegada, os candidatos do Partido Popular de Ourense ao Congreso e ao Senado, na compaña do alcalde Avelino Luis de Francisco Martinez e varios concelleiros e militantes, dando inicio formal ás actividades de precampaña cara o próximo proceso electoral do  vindeiro 26 de xuño.

Percorremos a localidade, na que se celebraba feira, e  falamos cos vecinos, das diferentes parroquias, Cortegada, Louredo , Meréns, Rabiño, Refoxos, Valongo e Zaparín.

Tras a visita, o noso cabeza de lista Miguel Ángel Viso lembrou que o emprego –“que no mes de maio acábanos de dar boas noticias”- é a principal preocupación dos cidadáns, de modo particular nas zonas rurais “e por iso temos a mirada posta nos nosos concellos para crear novas oportunidades laborais e asentar poboación”. Cortegada, engadiu, en pleno corazón da ruta do viño do Ribeiro e con todo un referente no ámbito termal como o seu balneario, “é un exemplo da aposta que queremos facer pola nosa provincia”.

Miri Barreira, candidata ao Senado, destacou pola súa banda a necesidade de “escoitar máis que nunca aos nosos veciños, que ante o actual escenario político teñen novas preocupacións e reclaman estabilidade e seguridade aos seus próximos representantes”. O PP, afirmou, “é o único partido que segue mantendo o seu programa, o que é sinónimo de confianza”, á vez que lembrou que foi a única formación que defendeu publicamente aos pequenos concellos ourensáns e aos seus habitantes, “porque non entendemos esta provincia con veciños de primeira nin segunda clase, senón cos mesmos dereitos e oportunidades”.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta