viernes, 10 de junio de 2016

O Partido Popular de Ourense presenta unha austera campaña electoral

Onte o presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, presentóu a campaña que os populares desenvolverán durante os próximos quince días.

O presidente provincial, que compareceu xunto co coordinador de campaña, Rosendo Fernández, e o cabeza de lista ao Congreso, Miguel Ángel Viso, subliñou que “temos una nova oportunidade para merecer de novo a confianza dos ourensáns, que pediremos nestes días, cunha mensaxe en positivo e construtiva”, lembrando que o PP de Ourense sempre gañou as eleccións co respaldo maioritario dos electores.

O PP organizará ao redor de 200 actos por toda a provincia, tanto os que se celebrarán coa presenza dos candidatos, de dous ministros en funcións e quizais un terceiro, do presidente da Xunta e do PPdeG, a práctica totalidade dos conselleiros e, por suposto, os que prepararán outras organizacións do partido e agrupacións locais.

O coordinador de campaña Rosendo Fernández destacou que o próximos quince días serán diferentes, “con máis rúa, máis visible e máis encontros en recintos exteriores, cun mitin central en Ourense o día 23 e o peche de campaña en Xinzo de Limia o día 24”. A austeridade preside a campaña na que o PP de Ourense prevé gastar32.500 €

O cabeza de lista ao Congreso Miguel Viso afirmou que nesta campaña “queremos falar de emprego, como principal preocupación dos cidadáns, pero tamén de economía e de políticas sociais, tres alicerces básicos para unha sociedade do benestar”.

“Partimos -dixo o candidato- coa vantaxe de coñecer o sentir dalgúns axentes económicos cos que falamos nesta precampaña, e a quen tamén lles preocupa o desemprego e a lenta recuperación económica por culpa da falta de estabilidade política”. Por iso, concluíu Viso, “ofrecémoslles a todos unha oportunidade máis para recuperar a confianza e consolidar unha recuperación que nos permita seguir mellorando, lonxe de experimentos e radicalismos”.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta