Onte pola tarde asisto en
Santiago de Compostela á primeira Xunta Directiva do partido tralo
XVI Congreso autonómico.
Nela o presidente do PPdeG, Alberto
Núñez Feijóo, sinalou que non quere para Galicia a irresponsabilidade que
houbo en España estes últimos meses senón que que quere que volva ao país a
responsabilidade que si hai na nosa comunidade.
Segundo indicou, o fracaso que
partidos como o PSOE, Ciudadanos, Podemos e os nacionalistas arrastraron a todo
o país, ata ter que celebrar uns novos comicios xerais, tamén ten que ser só
deles o día das eleccións.
Así mesmo, apuntou que se os
populares fixeran como o resto, hoxe en Galicia estariamos vendo que partidas
recortar. Sen embargo, agora o que se fai é elixir en que investimos para
solucionar os problemas sociais derivados da crise e para garantir o futuro, xa
que aquí houbo a responsabilidade que faltou este tempo en España.
Tamén asumiu que agora non
será sinxelo vencer ao hastío merecido contra a política posto que, se en
decembro viñamos de catro anos de responsabilidade que levaron ao conxunto do
Estado a volver crecer, en xuño vimos de cinco meses de irresponsabilidade que
levaron ao bloqueo, Por este motivo salientou que agora é máis urxente que
entón que o país despexe o seu futuro.
Ademais, Feijóo apuntou que co
PP non hai que escoller entre Galicia e España porque elíxense as dúas, cun
candidato galego, Mariano Rajoy, que vai coidar dos intereses da nosa comunidade
porque “é un de nós”.
O líder do PPdeG tamén incidiu
en que teñen que ser os populares os que se acheguen á xente sendo, ademais, o
único partido que demostrou que cumpriu co seu deber.
PROXECTO PARA GALICIA
Feijóo afirmou que os
populares teñen un nivel de esixencia maior porque en eles tamén hai
un caudal de confianza e esperanza máis grande, así como teñen o listón máis
alto por ter a obriga de construír, servir e concretar, sen ser simples
comentaristas de tertulias ou de twitter.
No acto, Feijóo agradeceu aos
afiliados darlle plena liberdade para propoñer o seu equipo e despois
ratificalo nas urnas, asegurando que hai que merecer formar parte do maior
órgano do primeiro partido de Galicia, xa que non só é unha honra senón tamén son
deberes. Deste xeito, admitiu que hai que exercer cada día por Galicia e por
España, sendo dignos representantes dos afiliados, dando o máximo deles mesmos
e cumprindo co seu deber.
Nese senso, lembrou que veñen
do proceso de Congresos de maior renovación no partido nos últimos anos e falou
da capacidade de estar en disposición de só ter que estar pendentes de servir a
Galicia sen depender de ninguén. Así, a diferenza entre os populares e o resto
de formacións é que eles teñen algo que os une, que é un proxecto para Galicia,
mentres os demais autodestrúense.
Así mesmo, incidiu en que no
seu Congreso eles falaban do seu compromiso, que é a nosa comunidade, pero nos
procesos dos demais adversarios só saben falar de Feijóo.
O presidente tamén puxo en
valor a liberdade que permite ao PP servir a Galicia, algo para o que se
precisa ter as dúas mans libres e non como lles ocorre ao resto, que teñen as
mans atadas ao favor da UPG, Sánchez, Rivera, Iglesias ou das outras forzas das
que dependan para pactar.
Pola contra, admitiu que el sí é libre como candidato “sen máis debe que Galicia”, e é libre como
presidente “sen máis debe que os galegos”.
https://www.youtube.com/watch?v=a17edmsNKw4&noredirect=1
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es