Onte
pola tarde estivemos no Casco Vello de Ourense, explicando as nosas propostas
aos viandantes e comerciantes.
E logo no local da Asociación de Veciños das
Burgas, tivemos un mitin no que interveu Javier Rodríguez Nóvoa, Belén Gómez,
Jesús Vázquez.
Na
miña intervención dixen que en política, a inexperiencia é a nai do fracaso.
Xestionar os asuntos de todos necesita a experiencia que só garante unha
traxectoria pública solvente e contrastada, e moito máis en tempos de incerteza
internacional. Coa tráxica crise hmanitaria dos refuxiados, a permanente
secuela do terrorismo máis salvaxe, o Brexit ameazando a estabilidade europea,
o noso continente necesita liderados probados nas máis difíciles
circunstancias.
Dixen
que gobernar non é fácil, todo o contrario e por iso o noso país non pode
permitirse o luxo de que veñan experimentar co futuro de todos. Rajoy é un
líder valorado e recoñecido internacionalmente, con experiencia na xestión
pública desde hai décadas. Pola contra os líderes das tres restantes forzas
xamais tiveron unha responsabilidade nun executivo sexa local, autonómico ou
nacional.
Insistín
no gran obxectivo nacional do Partido Popular, que non é outro que traballar
para conseguier reducir o desemprego e seguir fomentando o crecemento
económico. Non é o momento de deterse, aínda queda moito por facer, aínda hai
moitas persoas que necesitan ver como a recuperación chega ás súas vidas. Para
todas elas, Mariano Rajoy é a súa mellor garantía.
Falei da disposición do PP ao pacto, pero que para o suposto de que ao final non haxa un acordo para que alguén teña maioría, que se deixe gobernar a quen os españois lle dean máis votos. Creo que é o máis democrático. Espero que haxa goberno pronto. Non se pode estar nunha situación que vivimos, insistin.
Falei da disposición do PP ao pacto, pero que para o suposto de que ao final non haxa un acordo para que alguén teña maioría, que se deixe gobernar a quen os españois lle dean máis votos. Creo que é o máis democrático. Espero que haxa goberno pronto. Non se pode estar nunha situación que vivimos, insistin.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta