O Partido Popular, liderado por Mariano Rajoy é o claro
gañador deste comicios, obtendo no conxunto do Estado o respaldo de 7.906.185, o 33,03 % dos
votantes, e acada 137 actas de deputados.
O seguinte
partido, o PSOE obtén o voto de 5.424.709 electores, o 22,66 % e 85 actas.
Podemos-IU-Equo e confluencias, acada 71 actas. E C´s, 32-
Podemos-IU-Equo e confluencias, acada 71 actas. E C´s, 32-
GALICIA
Gañou
o PPdeG acadando o 41,49 % dos votos, 643.827 apoios, e obtendo doce actas de
deputados. Son 34.204 votos máis respecto a decembro nunhas eleccións nas que
votaron 82.000 persoas menos que hai seis meses.
Medramos
en porcentaxe de votos (4,37 puntos) e en número de escanos (2 máis) respecto a
decembro de 2015.
Medra
a nosa vantaxe sobre os nosos adversarios:
- Co
41,49 % dos votos, temos 19,2 puntos máis que PSOE, 19,3 puntos máis que Marea,
e 32,9 puntos máis que Ciudadanos.
- Aumentamos
levemente o diferencial co PP no conxunto do Estado: en Galicia medramos un
4,37% polo 4,32 da media do partido a nivel estatal. A diferenza é agora de 8,5
puntos (33,03% PP, 41,5 PPdeG)
- Medramos
en todas as provincias e en todas as cidades. O voto urbano sube un 4,24%, e polo
tantos en termos moi similares aos que experimentamos a nivel global.
As
dúas cidades onde máis baixa En Marea son aquelas nas que goberna: A Coruña
(-4,64%) e Santiago (-3,77%). Perde máis de tres puntos en todas as
demais.
Galicia
é una das seis comunidades autónomas onde Cs non ten representación. O espazo
ideolóxico que ocupa noutras autonomías en Galicia o representa o PPdeG.
O
PPdeG sube os mesmos dous deputados que o partido en Madrid, Andalucía,
Comunidade Valenciana e Castela A Mancha, pese a que proporcionalmente era máis
difícil (por haber menos deputados en xogo salvo en Castela A Mancha, sen
espazo nacionalista de por medio).
OURENSE
Contundente
victoria do PP de Ourense que acada 91.007
votos, o 49,63 %, e acadamos tres actas de deputados e tres de
senadores.
Resultado que ten mérito pola elevada participación
na provincia, o 69,82 %, máis que a media de España e de Galicia, o que lexitima
con máis forza os resultados.
Aínda se podería
aumentar este dato cos votos válidos dos 3.952 emigrantes que exerceron o seu
dereito. Uns resultados, engadiu, que contribuíron a lograr 14 novos escanos en
toda España e ampliar o número no Senado.
Gañamos en 87
dos 92 concellos. Na capital da provincia, o PP acada 32.120 votos, o 40,61 % (4,84 puntos máis que
en decembro de 2015) , o PSOE, 14.661, o 25,68 % e Podemos- En Marea-Anova-EU
12.496 votos, o 21,04 %. Cidadans obtén 5.504 votos, o 9,27 %
Todas estas
cifras tradúcense, no 49,63 % de apoio electoral, un 11,36 % máis que na
capital do Estado, 16,6 % máis que a media nacional e un 8,14 % máis que a
galega.
O PSOE obtén, 42.878 votos (23,38 %), mentres
que en decembro tivera 44.726 (23,18%).
Podemos- En
Marea-Anova-EU retrocede ata os 28.703 votos (15,65 %), desde os 34.357 (17,81
%) que lograra no mes de decembro de 2015, polo que David Bruzos non revalida
escano.
Cidadáns sofre
un retroceso, con 12.950 votos (7,06%), fronte ás 15.174 (7,86%) da anterior
convocatoria.
O BNG quedou en
quinta posición ao Congreso, con 4.055 votos (2,21%), en contraste coas 6.455
que obtivo en decembro (3,35%).
Por tanto,
renovamos o acta de deputados os populares Miguel Ángel Viso Diéguez e Celso
Delgado Arce, aos que se suma Ana Belén Vázquez Blanco e Rocío de Frutos
Madrazo, polo PSOE.
No que respecta
ao Senado, o PP mantén os seus tres escanos, correspondentes a Edelmira
Barreira Diz, María del Carmen Leyte Coello e Francisco José Fernández Pérez,
con 82.677, 81.899 e 81.399 votos, respectivamente. O PSOE revalida o de Luís
García Mañá, con 40.480 votos (24,01%).
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2016/06/26/marea-pierde-diputado-ourense-pp-sube-tres/00031466976119091856788.htm
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es