Estivemos hoxe ao carón da estrada N-120,
na zona fronteiriza entre a comarca galega de Valdeorras e a do Bierzo, no Puente
de Domingo Flórez (León), para celebrar un acto en defensa e apoio da autovía A-76
Ourense-Ponferrada.
Nel participaron os secretarios
xerais do partido en Galicia e Castela e León, Miguel Tellado e Alfonso
Fernández, respectivamente; así como candidatos populares ao Congreso e Senado
nas vindeiras eleccións xerais por Ourense (Miri Barreira) e por León (Eduardo
Fernandez, Carmen González, Luis Aznar, Alfonso Muñoz y Alfonso Rodriguez)
Salientar a presencia da alcaldesa
de Ponferrada Gloria Merayo e tamén do parlamentario autonómico galego, o
barquense Moisés Blanco. Tamén estiveron varios alcaldes da comarca do Bierzo e voceiros
municpais da comarca de Valdeorras, como Arsenio Moldes (O Barco), Avelino
García (A Rúa) e María Jesús Candal (Vilamartín).
Miguel Tellado salientóu a únión do PP
de Galicia e do PP de León nunha mesma reivindicación: que non se pare a A-76, e
dixo que “Nós cremos que este é un proxecto fundamental para as dúas comarcas,
para as dúas comunidades, e se se produce un cambio de goberno a partir das
eleccións do próximo domingo este proxecto corre risco de ser paralizado”.
Pola súa parte o secretario xeral do PP de Castilla-León Alfonso
Fernández Mañueco, afirmóu que cun goberno do PP este proxecto seguirá
avanzando porque é perfectamente compatible a defensa do medio ambiente e do
patrimonio artístico co desenvolvemento das infraestruturas, que é algo que
sempre xera oportunidades e emprego, o que nestes momentos consideramos ademais
que é fundamental.
Pola miña parte lembrei que levamos
moitos anos pelexando por esta autovía, tanto o PP como a sociedade civil e que non era un
proxecto partidario senon un proxecto que debería ser compartido por todos.
Informei sobre o estado de tramitación de dous proxectos
en redacción (Villamartín de la Abadía-Requejo de 6,7 km e de A Veiga de Cascallá-O Barco
de 8,4 km), que serán rematados en 2016. E lembrei que o raiano proxecto entre
Requejo e A Veiga de Cascallá /10,7 km) será
adxudicado en próximas datas, xa que o 9 de xullo se abrirán as ofertas
económicas dentro do proceso de licitación en curso.
Dixen que polo tanto temos unha autovía entre O Barco de
Valdeorras e Ponferrada en fase moi avanzada en canto á súa tramitación, co
cal, se hai gobernos que estean empeñados en dedicar recursos presupuestarios a
esta actuación e a seguila considerando prioritaria, poderase facer
Pero lembrei que existe procupación xa que o pasado 13 de
abril no Congreso dos Deputados, defendín una iniciativa sobre esta autovía, na
que pedíamos que a A-76 siguera sendo prioritaria e que se continuase apoiando
orzamentaria e administrativamente, pero atopámonos cunha moi desagradable
sorpresa. A iniciativa finalmente saíu adiante, pero foi votada en contra por Podemos- En Marea, e
os seus argumentos foron que non a necesitamos porque é suficiente con que
levemente retoquemos a infraestrutura actual da N-120, que non hai intensidade
suficiente de tráfico que a xustifique, e que non se debe gastar diñeiro nesta
obra cando no país hai outras necesidades. E logo engadiron que
medioambientalmente habería problemas na Serra de Enciña da Lastra e na Ribeira Sacra.
Dixen que todas estas argumentacións caen polo seu propio
peso, posto que calqueira que circule pola actual estrada nacional 120 comproba
que éstá claramente superdada e no oferta o estándares de calidade necesarios
para o presente século. E que os problemas medioambientais da serra da Enciña da lastra, foron solventadas cunha exixente DIA.
Rematei diciendo que este é un
proxecto de todos e por iso buscaremos consensos e apoios con todos os grupos
para sacala adiante, pero unha ameaza nova cérnese, que tralas eleccións Podemos entre no goberno
e paralice esta autovía.
Finalmente
o cabeza de lista ao Congreso dos Deputados por León, Eduardo Fernández,
sinalou que os populares están a favor de tender pontes.
"Neste
caso, con maior motivo, pois estamos a falar de dous territorios unidos pola
historia, e a nosa reivindicación conxunta desta infraestrutura susténtase, non
só nos intereses comúns entre os habitantes de ambas as comarcas, senón na
unión entre persoas e territorios sentidos como iguais, como son o Bierzo e
Valdeorras, León e Ourense ou Castela e León e Galicia", recalcou.
Dixo
que a autovía Ponferrada-Ourense (A-76), é un claro exemplo da sintonía que
existe entre provincias e comunidades. "Fronte ás escusas dos gobernos
socialistas, ou a actual oposición á execución desta infraestrutura manifestada
unha e outra vez por Unidos Podemos, o PP empezou a traballar na A-76 nada máis
comezar a lexislatura, desenvolvendo os trámites pertinentes para conseguir a
avaliación positiva ambiental no verán de 2013 e así poder comezar o 2014
"coa tramitación das licitacións dos proxectos". Resaltou neste sentido o compromiso da ministra de Fomento Ana Pastor.
Así recolleron os medios esta noticia:
http://www.lavanguardia.com/politica/20160621/402668499261/pp-une-fuerzas-entre-comarcas-provincias-y-autonomias-en-su-defensa-a-76.html
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta