Onte o director de campaña do PP para o 26J, Jorge Moragas, presentou oficialmente a campaña do PP para as eleccións xerais do 26 de xuño.
Estas foron as súas principais afirmacións:
"O Partido Popular preséntase ás eleccións cun candidato e un equipo competentes, solventes e preparados, que vai concitar o respaldo e a confianza da maioría dos cidadáns. Este partido sae a gañar as eleccións para goberna"·.
- Unha campaña en positivo: "Durante estes últimos meses asistimos a un período infrutuoso, a un espectáculo cun denominador común, unha actitude reflectida en conceptos como o veto e a exclusión. Esta actitude en contra é a que cremos que hai que superar. E o PP vai facer cunha campaña construtiva, en positivo e afavor do futuro dos españois".
- A favor: "Eliximos un lema de campaña moi sinxelo, claro e comprensible: "A favor". A favor de todo aquilo que convén ao país: a concordia, a unidade, o emprego, o crecemento económico, as pensións, a estabilidade. En definitiva, os problemas reais dos españois. Toda a campaña vai enfocada con ese espírito e inspirada por ese lema".
- Pola España moderada: " Trátase dunha campaña que pretende representar á España moderada fronte ao radicalismo que representan algunhas forzas políticas, que pretenden arrasar con todo e poñer en risco a nosa unidade, o noso progreso económico e a nosa convivencia constitucional".
- Centrados no futuro: " É unha campaña centrada no futuro das persoas, que conecta coa mentalidade que inspira ao PP: centrarse nos problemas da xente, con solucións concretas a problemas reais. Imos explicalo e percorrer todo o territorio nacional, as 52 provincias, e na maioría delas con presenza de Rajoy".
- Austeridade: Esta campaña será tamén ?"eco´: ecolóxica e económica. Ecolóxica, no sentido de que non haberá publicidade exterior, e económica, xa que o PP reduciu os gastos de campaña ata nun 30% con respecto ás eleccións do 20D, a maior redución cuantitativa de todos os partidos políticos que se presentan ás eleccións".
https://www.youtube.com/watch?time_continue=10&v=3dlNosGiIF8
Recibirá resposta
https://www.youtube.com/watch?time_continue=10&v=3dlNosGiIF8
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es