Os votantes o
pasado 26 de xuño con moita contundencia dixeron que oito millóns de españois
queren que Mariano Rajoy sexa presidente,
a lexitimidade do PP é pois incontestable.
Onte mesmo
comezaron as negociacións abertas polo presidente en funcións e do PP, en
concreto con Colalición Canaria.
É certo que a
primeira responsabilidade é de quen gañou as eleccións e ten 52 escanos de
diferenza respecto ao segundo, pero a responsabilidade é compartida cos demais
partidos para que non haxa terceiras eleccións. E esa responsabilidade debe
recaer en todos, pero especialmente no PSOE.
Trátase de chegar a
un acordo porque sería bo para España e non podemos poñer o acento nas
diferenzas, nos matices ou nas acusacións. “Agora é o momento de buscar puntos
de acordo e de unión. O que esixen os cidadáns agora non son nin vetos nin
novas eleccións”, reclamou o vicesecretario Martínez Maillo antes de subliñar
que “queremos que a xente se vaia de vacacións cun Goberno e que sexa o máis
estable posible”.
Por todo iso,
lembrou que “non hai alternativa” a que os grandes partidos busquen un acordo e
“como non hai alternativa, hai que poñerse a negociar e a dialogar e a tratar
de conformar un Goberno de estabilidade e iso é o que están a facer Mariano
Rajoy e o PP”.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es