Quero celebrar que hoxe a conselleira de Infraestruturas e
Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada pola delegada territorial da Xunta en
Ourense, Marisol Díaz; o alcalde, Jesús Vázquez; e o director da Axencia Galega
de Infraestruturas, Francisco Menéndez; presentaron as actuacións do Plan de
Sendas de Galicia na comarca de Ourense, onde se executarán 13 novas sendas,
que suman 16 km e un investimento de máis de 2,6 millóns de euros.
Vázquez Mourelle
concretou que a Xunta xa ten o estudo rematado e agora encargarase a redacción
dos proxectos que permitirán executar as obras nos distintos treitos de sendas
cualificados como necesarios e prioritarios. Engadiu que ao longo do outono os
técnicos contactarán cos alcaldes dos distintos municipios para concretar os
proxectos dos itinerarios peonís e ciclistas e avanzar nos detalles técnicos.
A conselleira explicou
que antes de que finalice o ano estarán en redacción todos os proxectos das
sendas da comarca de Ourense, para proceder á licitación das obras a medida que
se vaian recibindo.
Ethel Vázquez subliñou
que esta iniciativa ten como obxectivo que os veciños de Ourense e do seu
contorno poidan ter, canto antes, sendas seguras, sostibles e integradas na
paisaxe para realizar os seus itinerarios habituais.
O Goberno galego inclúe
neste proxecto sendas como as seguintes: parques empresariais (Pareiro e San Cibrao), A Ponte Sevilla,
A Derrasa, Montealegre, A Medorra, Valdorregueiro, Reza, Paiseo, Rabaza, Perdigón,
Santa Baia e As Vendas.
Nesta ligazón pódese
consultar información relativa a estas actuacións.
https://prezi.com/hhyqmakxnlsn/sendas-de-galicia_ourense_pub/?utm_campaign=share&utm_medium=copy
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta