Asisto onte pola tarde ao acto de clausura da Asamblea Xeral Anual da Confederación Empresarial de Ourense que preside, José Manuel Pérez Canal. Un acto no que participou o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde.
Nesta asemblea da CEO foi ratificado o orzamento para o presente exercicio, que ascende a 1,21 millóns de euros (un 1,29% menos que o ano pasado) . Unhas contas que en 2016 están 2,25 millóns por baixo das manexadas no exercicio de 2008, o que significa un descenso do 65,06% nese período.
No seu informe á asemblea, o presidente destacou que "a pesar das dificultades, o último ano foi fecundo para a CEO, xa que organizamos máis de douscentos actos de distinto tipo, que reuniron a 3.900 persoas. Así mesmo, impartimos 9.295 horas de formación; convocado a 854 persoas a través do Programa Integrado, con 100 seleccionados e 58 recolocados; impartimos 49 cursos aos que asistiron 1.035 alumnos, en tanto que en Orientación Laboral foron atendidas 831 persoas. En canto a internalización, dedicamos 26 eventos, 63 accións de apoio, houbo 71 empresas participantes e fraguaron 7 acordos comerciais".
Na súa intervención, Pérez Canal congratulouse do "acordo alcanzado por Fomento, Xunta e Concello de Ourense co estudo de Norman Foster para a construción da futura estación do AVE no barrio da Ponte. Cremos que é unha boa noticia, da que debemos felicitarnos en tanto que se trata dun proxecto no que participan arquitectos ourensáns e para o que só cabe reclamar a maior celeridade posible na súa materialización".
Pola súa parte Francisco Conde, prometeu colaboración para "fortalecer o tecido empresarial ourensán". Neste sentido, considerou determinante o labor da CEO e sinalou a necesidade de traballar axuntando esforzos. O conselleiro falou do espírito e os valores do empresariado ourensán, sinalando como referenteo a Eduardo Barreiros, "que representa a xenerosidade, o talento, a vocación e a fe no labor empresarial", sinalando que "ese foi o seu gran legado".
En canto ao futuro, Francisco Conde indicou que será preciso traballar ao redor de tres eixos: emprendemento, innovación e internacionalización, "e aí é onde debemos atoparnos a través da colaboración público-privada". Puxo de manifesto que a estratexia da Xunta consiste en "ir articulando medidas aceleradoras dos proxectos" e comprometeuse a que o seu departamento, a través de Xesgalicia, estudará cantas iniciativas expóñanselle, achegando asesoramento e axudas en distintos ámbitos.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es