Hoxe o Ministerio de Fomento informa que iniciou as obras de rehabilitación do firme da autovía A-52, en Ourense, entre os PPKK 112 e 138 (en ambas as calzadas), nos termos municipais da Mezquita e A Gudiña.
A autovía A-52 en Ourense presenta importantes tráficos pesados, de longo e medio percorrido. Por iso é moi preciso levar a cabo actuacións de rehabilitación superficial e estrutural do firme para garantir unhas condicións de adecuada vialidad.
O proxecto contempla fundamentalmente a renovación superficial e estrutural do firme, mediante o fresado e posterior reposición con mesturas bituminosas en quente.
Contémplase tamén a substitución das xuntas de dilatación dos taboleiros dos viadutos, situados no tramo da autovía A-52 obxecto da actuación, e o repintado das marcas viarias nos tramos afectados mediante pintura termoplástica en quente.
O orzamento de adxudicación das actuacións ascende a 3.956.867 euros.
Unha esperada noticia que me enche de satisfacción pois realmente a necesidade desta obra é incuestionable.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es