Hoxe o Instituto Nacional de Estatística (INE) publica a Estimación de avance do PIB trimestral. Base 2010 Segundo trimestre de 2016
Así coñecemos que o Produto Interior Bruto (PIB) xerado pola economía española presenta unha variación do 0,7% no segundo trimestre de 2016 respecto ao trimestre precedente.
Esta taxa é unha décima inferior á rexistrada no trimestre anterior.
A variación anual do PIB no segundo trimestre de 2016 é do 3,2%, fronte ao 3,4% do primeiro trimestre deste ano.
Tamén divulga hoxe o INE os Indicadores adiantados de Prezos de Consumo e de Prezos de Consumo Harmonizado Xullo 2016
Resulta que a inflación anual estimada do IPC en xullo de 2016 é do - 0,6% de acordo co do indicador adiantado elaborado polo INE.
Este indicador proporciona un avance do IPC que, en caso de confirmarse, supoñería un aumento de dúas décimas na súa taxa anual, xa que no mes de xuño esta variación foi do - 0,8%. Este incremento explícase, principalmente, pola subida dos prezos dos alimentos e bebidas non alcohólicas, fronte á baixada que experimentaron en 2015.
Estos dous datos permiten reflexionar sobre como transcorrerá o que resta do presente ano.
Lembremos que a economía do noso país pechou o pasado exercicio con datos moi positivos. A recuperación, que se iniciou a mediados de 2013, intensificouse ao longo de 2015 cun avance do PIB no conxunto do ano dun 3,2 %, é dicir, máis do dobre que o que creceu a zona euro. O dinamismo mantense no ano 2016 aínda cunha leve retardación respecto ao forte ritmo de crecemento ue tivemos na segunda parte do ano pasado.
Os datos da EPA do segundo trimestre de 2016 mostran que a economía española creou 434.400 empregos nos últimos 12 meses. Unha cifra que supón un crecemento do emprego do 2,43% anual e sitúa o número total de ocupados en 18,3 millóns. O desemprego descende en 574.300 persoas, ata un total de 4,574 millóns, o que reduce a taxa do paro ao 20%, 2,37 puntos menos que hai un ano.
E onte mesmo o ministro de economía e competitividade Luís de Guindos mostrábase convencido de que a final de ano a taxa de paro situarase por baixo do 20%.
E tamén afirmaba que a única forma de mellorar os datos Seguridade Social pasa pola creación de emprego, á vez que lembraba que os salarios están a crecer por encima do 1% mentres que a inflación en España leva tres anos en cifras negativas, e por tanto existe un maior poder adquisitivo.
Ao meu xuízo o verdadeiramente importante é que a nosa economía peche 2016 cun crecemento equilibrado, no que un sólido avance do PIB veña acompañado dunha elevada creación de emprego, dun superávit por conta corrente e ausencia de inflación, mesmo inflación en termos medios negativa.
Un crecemento que se debe sen ningunha dúbida ao gran esforzo realizado pola sociedade española e a unha política económica adecuada; un esforzo que debemos recoñecer e que baixo ningunha circunstancia deberiamos perder.
Para elo precisamos xa un Goberno que achegue estabilidade política e defina unha axenda correcta de política económica.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es