Da
actualidade de hoxe, destaco a reunión do Consello Termal Ourensán, no
balneario de Lobios para analizar o desenvolvemento do plan “Ourense, a
provincia termal”, e que foui presidido por Alberto Núñez Feijóo.
O
presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar destacou o “protagonismo termal” que a
provincia de Ourense ten no ámbito nacional con iniciativas innovadoras como o
“Termalismo Deportivo”, o “Termalismo social”, ou mesmo infraestruturas como a
primeira piscina termal fluvial.
Lembrou
Deputación de Ourense destina cada ano máis dun millón de euros a termalismo e,
neste sentido, Baltar pediu aos concellos termais a súa implicación para que
nos seus orzamentos tamén figure “unha partida para termalismo”, “para que
entre todos promovamos un eixe estratéxico de desenvolvemento da nosa
provincia, porque sexan poucos o
moitos cartos, o importante é que a palabra “termal” figure nos orzamentos dos
concellos”.
Baltar
tamén se referiu á especialización universitaria de Ourense coa posta en marcha
do “Campus da Auga”, e do plan de termalismo social, que fai posible, grazas ao
acordo co Ministerio de Fomento a través de Renfe, “que teñamos unha ocupación
do cen por cen dos nosos balnearios, favorecendo unha oferta innovadora e
atractiva desde o punto de vista de ocio e descanso, que se articula desde 40
estacións ferroviarias de España que conectan aos visitantes termais con
Ourense”.
En
canto ás novas infraestruturas termais, Manuel Baltar falou da piscina termal
fluvial de Laias, que entrará proximamente en funcionamento, ou a experiencia
de “Viñoterapia”, que se desenvolverá en Leiro co apoio da Deputación de
Ourense e da Xunta de Galicia, e explicou que o posicionamento do termalismo
ourensán e a promoción da “Marca Ourense” “veranse favorecidos con eventos como
a “Vuelta 2016” e coa participación da Deputación de Ourense en Partenalia, a
asociación europea dos gobernos locais intermedios, e a entrada na asociación
europea de cidades termais e a volta á sección de vilas termais da FEMP, “onde
proporemos, como xa anunciei, liderar desde Ourense un gran pacto termal en
España, para que o termalismo teña o peso dentro da economía e do turismo que
ten noutros países”.
Manuel
Baltar tamén destacou a importancia e o peso que os termos “termalismo” e
“Deputación de Ourense” teñen no ámbito nacional, “o que se pon de manifesto na
presentación que tivo lugar en Madrid do estudo de Turismo Termal en España,
patrocinado polo Ministerio de Industria, que foi elaborado por Mario Crecente,
redactor do Plan “Ourense, a provincia termal”. Iso tamén posiciona a “marca
Ourense” e fai que hoxe esteamos aquí en Lobios avaliando todos estes aspectos
salientables para o termalismo en Ourense e renovando o noso compromiso con
este sector estratéxico da nosa economía”.
Na
reunión tamén interviron a alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, quen
agradeceu o pulo que se lle está a dar ao termalismo “que permite asentar
poboación nos nosos territorios termais aproveitando as potencialidades que
temos”, e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, destacou o éxito do
programa de “Termalismo Deportivo”, que desenvolve a Deputación de Ourense,
“que supuxo que as seleccións máis importantes do mundo no ámbito do remo
estivesen adestrando na nosa provincia, o que se traduciu en 8.000 estancias no
ano 2015; 15.000 estancias este ano 2016, e coa previsión de chegar ás 17.500
estancias en 2017”.
Mario
Crecente, o redactor do Plan Termal detallou todas as actuacións que se teñen
levado a cabo neste tempo na execución do plan, referidas a infraestruturas
novas e de mellora de instalacións, produtos termais, coñecemento e promoción
termal.
Francisco
Marín, presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, deu conta do proxecto
de cooperación transfronteiriza “Raia Termal”, “que ten como obxectivo potencia
e valorizar a cultura balnearia”, e no que se invisten 3,4 millóns de euros
para recuperar contornas termais, eliminar puntos de verquidos e potenciar a
recuperación de zonas termais publicas, ademais de favorecer a comercialización
de produtos termais fronteirizos.
O
Alcalde de Verín, Gerardo Seoane, destacou a importancia de crear entre Chaves
e Verín un corredor paralelo ao xeológico, para que sexa unha ruta sur de
balnearios que xere unha nova vía de turismo de alta calidade, potenciando a
apertura de novos balnearios, rehabilitando outros e promovendo o “agüismo”.
Finalmente
o titular
da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou o valor económico e social do
termalismo, e lembrou que xa están executadas ou completadas 31 das 71
actuacións previstas no Plan Ourense Provincia Termal, máis do 40% do total.
A
este respecto, sinalou que a xuntanza de traballo do Consello Termal constitúe un paso máis na consolidación dun sector polo que o
Goberno galego vén apostando desde o 2014, e que se materializa no dito plan.
Neste senso, indicou que o
Plan Ourense Provincia Termal está dotado cun investimento autonómico de case 6
millóns de euros, dos que a maior parte foron dedicados a crear novas
infraestruturas ou a mellorar as xa existentes. Así, o mandatario galego citou
como exemplo, a mellora do acceso ao balneario de Lobios e o acondicionamento
da ruta do río Caldo, a liña de axudas Q de Calidade Turística, a viñoterapia
en Leiro, o balneario de Cortegada, a piscina flotante termal de Laias, o
programa “Benestar en Balnearios” ou a ruta da Auga en Verín. “Grazas ao plan estamos
dando os pasos necesarios para que Ourense se consolide nesta década como
provincia termal de España”, insistiu.
“A nosa aposta polo
termalismo ten máis de pragmático que de romántico”, aseverou, ao tempo que
reivindicou a función social e ambiental que desempeña esta actividade nas
sinalizadas como “vilas termais”. Ademais, subliñou a importancia de traballar
para que as seleccións deportivas se preparen nos balnearios galegos. “É unha
liña de atracción económica moi importante para o sector e a provincia ourensá
está dando pasos para consolidarse neste ámbito”, dixo.
Deste xeito, lembrou que a
nosa Comunidade é toda unha potencia nun sector, o do termalismo, que ten a
capacidade de xerar 1.400 postos de traballo e un retorno económico de arredor
de 60 millóns de euros ao ano. “Con máis dunha vintena de balnearios, Galicia é
a primeira comunidade de España en cantidade, pero tamén en calidade”, engadiu.
O responsable autonómico fixo
tamén referencia durante a súa intervención aos distintos proxectos e iniciativas
que puideron ser desenvolvidos na cidade e no seu entorno grazas ao gran
consenso institucional acadado. Entre eles, destacou a creación do Campus Auga
e a posta en marcha do Club do Produto Turístico da Auga de Galicia.
E, por último, amosouse convencido de que, a través destas
iniciativas e coa colaboración e cooperación institucional entre as diferentes
administracións, faremos da provincia de Ourense e de Galicia unha terra máis
“próspera e saudable”.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es