martes, 12 de julio de 2016

Rajoy traslada a Rivera a imperiosa necesidade de evitar que se volvan a repetir as eleccións

Destacar que esta mañá o presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, reuniuse co líder de Cidadáns, Albert Rivera, para estudar a súa disposición para colaborar na gobernabilidade de España despois das eleccións celebradas o pasado 26 de xullo. Un encontro que se enmarca na rolda de contactos aberta polo Presidente Rajoy cos portavoces das distintas formacións políticas tras os comicios. 

O PP emiíu un comunicado tras finalizar esta reunión:

"Mariano Rajoy trasladou a Albert Rivera a imperiosa necesidade de evitar que se volvan a repetir as eleccións, algo que todos os responsables políticos comprometéronse a evitar.

O presidente do  PP e presidente do Goberno en funcións insistiu na necesidade urxente de contar cun Goberno en España despois de máis de seis meses de interinidade política.  Mariano Rajoy mostrou o seu convencemento de que se todos líderes políticos actúan coa dilixencia e a responsabilidade debida, a investidura do presidente do Goberno podería celebrarse a finais de xullo ou principios de agosto.

Iso sería moi conveniente para poñer en marcha durante o mes de agosto trámites tan importantes como a determinación do teito de gasto de todas as Administracións Públicas ou a elaboración dos Orzamentos Xerais do Estado para o ano que vén. Lembrou que debido á interinidade hai case 20 directivas europeas pendentes de trasposición á lexislación española e ademais xurdiron novos retos, como a negociación europea do Brexit, que aconsellan que España teña un goberno  o máis axiña posible.

O Presidente Rajoy transmitiu ao Sr. Rivera o seu convencemento de que ademais poñer en marcha eses trámites urxentes e imperioso, necesítase que o novo Goberno conte cun apoio parlamentario sólido que fixe un horizonte temporal e programático capaz de xerar  certidumbre e estabilidade  dentro e fóra das nosas fronteiras.  Neste sentido comprometeuse a facerlle chegar mañá, unha vez conclúa a súa primeira rolda de contactos, un documento para empezar a falar. 

Nel incluiranse tanto os obxectivos como as propostas concretas de reformas, que estarán abertas a discusión e mellora nun intercambio leal  e responsable das distintas posicións políticas.

O presidente do Goberno, como claro vencedor das pasadas eleccións, está decidido a facer todos os esforzos necesarios para evitar a repetición das eleccións, poñer fin a unha situación de interinidade que non convén a España, e abordar canto antes as reformas necesarias para manter  e impulsar a senda de crecemento e creación de emprego que permita mellorar o benestar dos españois.

Por último, Mariano Rajoy agradeceu ao líder de Cidadáns a súa vontade construtiva na actual situación política e o esforzo que mostrou para tentar entenderse."


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta